Iberbanda comeza a prestar servizo WiMAX para achegar a banda larga a 20 concellos do sur de Lugo
luns, 29 de novembro do 2010
Máis de
28.000 veciños de 1.700 núcleos de 20 concellos do sur de Lugo e a súa contorna
dispoñen desde hoxe da posibilidade de acceder a un servizo de Internet de
calidade grazas ao Plan de Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta de
Galicia. O Goberno galego iniciou as accións do Plan nesta zona por ser unha
das áreas que máis acusa a fenda dixital.
Desde hoxe o operador Iberbanda, adxudicatario da subvención da Xunta para o
despregamento de redes sen fÃos nesta zona, comeza
a prestar servizo en 20 concellos do sur de Lugo. Concretamente, o operador
porá en marcha o servizo de acceso á rede en núcleos dos municipios de Antas de
Ulla, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Corgo, GuntÃn, Láncara, Monforte de
Lemos, Monterroso, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, PortomarÃn,
Quiroga, Ribas de Sil, Sarria, O Saviñao, Sober e Taboada.
Ao longo do
mes de decembro, Iberbanda irá habilitando o servizo na zona para achegar
Internet de calidade antes de que remate a preto de 35.000 habitantes de máis
de 2.000 núcleos de 27 concellos do sur de Lugo e a súa contorna.
Dos 27
concellos previstos nesta actuación, 22 son da provincia de Lugo (Carballedo,
Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober,
Taboada, Paradela, PortomarÃn, Quiroga, Ribas de Sil, Antas de Ulla, Bóveda,
Friol, GuntÃn, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria);
e 5 da provincia de Ourense (Nogueira de RamuÃn, A Peroxa A Teixeira San
Cristovo de Cea e VilamarÃn).
