Movistar ofrece fibra óptica de 300 Mbps por 29,90 euros/mes

venres, 2 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Nun momento no que os combinados de fibra e móbil reducen a súa competencia, Movistar lanza unha tarifa de só fibra que sorprende por ofrecer fibra de 300 Mbps e telléfono fixo con 50 minutos en chamadas por 29,90 euros/mes como prezo definitivo sen permanencia que, sen ser a oferta máis económica do mercado, é máis barata que a fibra de 100 Mbps con chamadas ilimitadas, que custa actualmente 30,90 euros/mes.
Esta nova tarifa de Movistar pode resultar axeitada para quen simplemente quere ter fibra óptica no fogar sen sustos no prezo, aínda que cómpre advertir de que a operadora de baixo custo de Telefónica, O2, ofrece fibra de 300 Mbps con teléfono fixo con chamadas ilimitadas por 27 euros/mes.

PUBLICIDADE