Revista en papel
luns, 20 de febreiro do 2023
Número 269 de Código Cero en PDF
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos avances do Proxecto Nós e a o novo CESGA. Tamén abordamos os seguintes temas:
— EdugalIA situará a educa ción galega na vangarda tecnolóxica
— Turismo de Galicia reivindica nestas festas sinaladas os nosos beléns, mercados e espectáculos
— O Goberno desprega un investimento de 400 millóns de euros na transformación dixital de Galicia
— O proxecto GAIA (Situm) finaliza tras completar con éxito todas as actividades previstas
— Un de cada dez escolares recoñece sufrir ciberacoso, segundo un novo estudo
— O CITIC contribúe a transformar a saúde colaborando en destacados proxectos europeos
— O prazo de inscrición para participar na OIG estará aberto ata o 23 de xaneiro
— Fernando Suárez (CPEIG) analiza para Código Cero quen está detrás do futuro dixital
— AMTEGA reclama ao Goberno que recoñeza o dereito da Galicia rural á telefonía móbil
— A plataforma xudicial electrónica adáptase ao modelo de Administración e Goberno intelixentes
— Comezan as obras do novo CESGA
— José Ángel Veiga Abeledo (director de SATEC) radiografía a realidade da IA nas empresas
— Patrimoniogalego.net presenta versión para teléfonos móbiles gratuíta
— atlanTTic celebrou o seu 15º aniversario poñendo en valor o seu pasado e o seu futuro
— USC e Televés promoven unha cátedra de Microelectrónica
— O galego consolídase como lingua tecnolóxica grazas ao Proxecto Nós
— Santiago acolleu a cuarta edición do Foro Académico “Innovar para Transformar”
— O proxecto europeo Allocate porá A Coruña na vangarda da IA
— A Deputación da Coruña impulsou con Mercanavila.gal 93.453 bonos descargados
— A Fundación Carlos Casares promove concursos de videoxogos e memes a prol do galego
— Impulsan dende a Xunta e o Museo de Lugo xemelgos dixitais de dúas esculturas de Asorey
