Adamo levará a súa fibra óptica a preto de 700 vivendas de Riotorto
venres, 23 de setembro do 2022
Este xoves ás 19:00 o salón de actos do Centro Sociocultural
de Riotorto acolleu unha charla informativa da compañÃa Adamo para informar aos
veciños de que preto de 700 vivendas da vila contarán con Internet de alta
velocidade grazas ao despregamento realizado pola empresa que hoxe xa proporciona
fibra óptica a medio cento de fogares no concello e que completará o proceso de
maneira progresiva.
Ao encontro asistiu o alcalde da vila, Clemente Iglesias, quen
destacou o rol activo que está a adoptar o Concello de Riotorto, coa concesión
e xestión dos permisos relativos ás infraestruturas, e facendo gala dunha
tremenda axilidade administrativa para levar a cabo o proxecto de instalación da rede de banda larga.
Cabe lembrar que a infraestrutura que ofrece Adamo achega conexións
de 1.000 Mbps, de xeito que varios centos de veciños de Riotorto beneficiaranse
dunha tecnoloxÃa que axuda a fixar habitantes. É dicir, que é unha ferramenta
útil na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosos
pobos de Galicia.
AsÃ, grazas á fibra óptica, esas 700 familias poderán realizar con plenas garantÃas actividades que son agora en grao sumo habitual: teletraballo, educación en liña, compras pola Internet, citas médicas telemáticas, gozar de videoxogos, series e pelÃculas en remoto, etc.