Movistar ofrece fibra de 100 Mbps por 29,90 euros/mes
mércores, 23 de marzo do 2022
Nos
últimos meses foron varios os operadores de baixo custo que quixeron facerse fortes
en tarifas de acceso á Rede mediante fibra óptica a prezos preto dos 30 euros
para captar asà a consumidores que simplemente demanda conexión á Internet, e agora
é a propia Movistar a que entra nesta batalla coa tarifa Movistar
Conecta 100, que ofrece fibra óptica simétrica a 100 Mbps e liña fixa de
teléfono con chamadas estatais incluÃdas por 29,90 euros/mes sen promoción.
Esta oferta pode resultar atractiva para usuarios que non queren arriscarse a
contratar con compañÃas pouco coñecidas, aÃnda que neste caso a oferta só está
dispoñible en concellos que a CNMC considere con competencia dabondo nas
conexións de fibra, que no caso galego serÃan Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro,
Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Noia, Oleiros,
Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Cambados, Cangas, MarÃn,
Moaña, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Vigo e VilagarcÃa de Arousa.
A nova tarifa de Movistar carece de compromiso de permanencia, inclúe router
sen fÃos e instalación de balde, pero cómpre advertir de que a propia Movistar
a través da súa marca O2 ofrece unha tarifa semellante que por 30
euros/mes tamén inclúe móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos, o que
resultarÃa moito máis atractivo.