R presenta as súas conexións de 30 e 100 Mbps

xoves, 11 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Resultado do Velocímetro de R dende unha conexión a 100 Mbps

Esta mañá R presentou ante os medios de comunicación novas conexións de acceso á Internet de 30 e 100 Mbps de velocidade de descarga (con 1 e 3 Mbps de subida respectivamente) que están dispoñibles dende o pasado 1 de decembro algunhas zonas de A Coruña, Vigo e Lugo, e que se irán espallando polo resto da rede do operador de cable galego segundo vaian incrementando a implantación da tecnoloxía DOCSIS 3.0 ao longo de 2009 (podendo comprobarse a súa cobertura dende a web da compañía).
Con estas novas velocidades se avanza de cara á adopción do vídeo de alta definición nos nosos equipos informáticos, así como se conseguen unhas descargas de contidos con fluidez. Os clientes domésticos e corporativos que teñan contratado o comboR ou o combo3 que estean nunha zona con cobertura de DOCSIS 3.0 poderán tirar proveito da opción de 30 Mbps por 10 euros+IVE adicionais ao mes, mentres que por 40 euros+IVE poderían chegar aos 100 Mbps de velocidade.

PUBLICIDADE