Movistar estrea tarifas de banda larga móbil para o ordenador

martes, 2 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A competencia nos servizos de banda larga móbil levou a Movistar a mellorar a súa oferta de navegación dende o ordenador, preparándose así a un previsible aumento da demanda deste tipo de conexións durante o verán estreando 2 novas opcións con tráfico ilimitado:
- Tarifa Plana Internet Mini: que por 15 euros/mes permite a descarga de 200 Mb a 3 Mbps e o resto do tráfico a 64 Kbps
- Tarifa Plana Internet Maxi: con 10 Gb de transferencia a 3 Mbps e o resto de conexións a 128 Kbps por 49 euros/mes
A operadora conserva a Tarifa Plana Internet Plus (con 3 Gb de transferencia a 3 Mbps e o resto de conexións a 128 Kbps por 39 euros/mes) e Tarifa Plana Internet (con 1 Gb de transferencia a 1 Mbps por 30 euros/mes, cobrando o tráfico adicional a 15 euros os tramos de 500 Mb cun máximo de 90 euros/mes).

PUBLICIDADE