As cabinas de Telefónica posibilitarán recargas para mercar na Rede
mércores, 3 de decembro do 2008
Os clientes do servizo de pago en liña Paysafecard teñen á súa disposición unha nova vantaxe con referencias ás compras na Rede, se conte ou non se conte cun acceso á Rede ao alcance da man. O caso é que segundo informa EFE facéndose eco de datos achegados pola dita compañÃa, os usuarios do dito servizo poderán recargar cartos en 70.000 cabinas de Telefónica adaptadas para tal obxecto e coa finalidade de mercar produtos en Internet.
O pago na cabina, entre outras cousas, posibilitará que o cliente reciba no móbil sinalado previamente unha mensaxe co código secreto de Paysafecard co fin de levar a cabo as adquisicións desexadas. Por certo que a contÃa das recargas oscilará entre os cinco e os dez euros. O recurso achegado por ambas firmas é un paso máis no proceso de ampliación de funcións dos teléfonos públicos da operadora española, ata o de agora en máis que claro declive.
