Os servizos dixitais consolidan a Galicia como unha rexión tecnoloxicamente avanzada
venres, 5 de xuño do 2026
A aposta da Xunta por estender o acceso aos recursos tecnolóxicos situou Galicia entre as rexións máis avanzadas no ámbito dixital. O Goberno galego conmemora hoxe o décimo sexto aniversario da creación da AMTEGA. Durante este perÃodo, a porcentaxe de fogares con acceso á banda larga pasou do 46 % a superar o 90 %.
A universalización da conectividade supuxo un importante desafÃo nun territorio que presenta o maior Ãndice de dispersión poboacional de España e unha orografÃa que dificulta a extensión das redes terrestres de telecomunicacións. A transformación dixital tamén requiriu acompañar a cidadanÃa na adopción de novas ferramentas e linguaxes, especialmente nunha comunidade cunha elevada presenza de persoas maiores no medio rural.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou a xornada Galicia é-tecnolóxica, dedicada a analizar a evolución, os logros e os desafÃos da AMTEGA. Durante a súa intervención destacou que a planificación estratéxica, materializada nas sucesivas axendas dixitais, foi a principal ferramenta da Xunta para superar estas dificultades.
Administración dixital
Dezaseis anos despois da creación da axencia autonómica, máis do 86 % da poboación galega emprega servizos de Administración dixital, unha cifra superior á rexistrada en España (83 %) e á media da Unión Europea (75 %). A Xunta conseguiu que a totalidade dos procedementos administrativos poidan tramitarse por vÃa electrónica. «Máis do 85 % das entradas de documentación por parte da cidadanÃa e das empresas prodúcense a través do Rexistro Electrónico», sinalou Miguel Corgos.
Galicia foi tamén pioneira na implantación da educación dixital mediante iniciativas como Abalar e e-Dixgal. Actualmente, a totalidade das aulas da rede pública e concertada están dixitalizadas e o Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas acumula un investimento de 134,6 millóns de euros. «Unha evolución semellante produciuse na xustiza, onde universalizamos a dotación dixital das salas de vistas cun investimento de 43 millóns de euros, que aumentará ata os 67,4 millóns de euros en 2028», engadiu o conselleiro.
Miguel Corgos explicou que esta dixitalización completa tamén se alcanzou noutros servizos destinados á cidadanÃa, como as lonxas ou os sistemas de atención social para persoas maiores e con discapacidade.
Capacitación dixital e talento
A mellora das competencias dixitais da cidadanÃa constitúe outro dos eixos de actuación da AMTEGA, que impulsou iniciativas como a rede de aulas CeMIT, da que xa se beneficiaron máis de 130.000 persoas, asà como os sistemas de certificación de competencias dixitais adaptados ao marco europeo.
Co obxectivo de reforzar a soberanÃa dixital e responder ás necesidades especÃficas de Galicia, Miguel Corgos destacou o impulso dado á creación, captación e retención de talento tecnolóxico, asà como ao fortalecemento dun sector TIC competitivo. Na actualidade, este ámbito supera as 3.200 empresas e os 23.000 empregos. O conselleiro subliñou ademais que máis do 20 % do persoal conta con alta cualificación, fronte ao 15,7 % da media estatal.
Estratexia Galicia Dixital 2030

- Damián Rey, director da AMTEGA, repasa o os principais fitos acadados no 2025 e agradece o traballo desenvolvido ata agora
Galicia é hoxe unha rexión «dixitalmente madura e comparable ás máis avanzadas de Europa», afirmou Miguel Corgos. A través da Estratexia Galicia Dixital 2030, a comunidade está en condicións de seguir avanzando na transformación dixital e no desenvolvemento de tecnoloxÃas vinculadas á economÃa do dato, a intelixencia artificial ou a Internet das Cousas.
O conselleiro destacou que esta transformación está marcada pola relevancia crecente dos datos, do seu aproveitamento e da súa protección. Neste sentido, puxo en valor a visión transversal da AMTEGA, asà como os coñecementos e recursos acumulados ao longo destes anos en materia de ciberseguridade e protección da información. Grazas a iso, indicou, a Xunta dispón na actualidade de plataformas eficaces e adaptadas ás necesidades do conxunto da Administración.
Os próximos desafÃos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia céntranse, segundo explicou Miguel Corgos, no desenvolvemento e consolidación de plataformas capaces de transformar os datos en recursos útiles para as polÃticas públicas, a prestación de servizos, o benestar da cidadanÃa e a creación de riqueza.
