A Cruz Vermella de Galicia volve co seu Enredando Tour AMTEGA para reducir a fenda dixital no rural
venres, 5 de xuño do 2026
Sinalar que a edición de 2026 daba comezo onte, 4 de xuño, na provincia de Ourense e nas vindeiras semanas percorrerá outras 19 localidades galegas.
A primeira parada tiña lugar onte en Vilar do Barrio, onde se montou un espazo formativo itinerante con diferentes dispositivos como ordenadores, tabletas, móbiles, altofalantes intelixentes ou lentes de realidade virtual. O equipo de Cruz Vermella, formado por persoal especializado e voluntariado, tiña todo listo para recibir ás persoas maiores desta localidade que se achegaron á praza do Toural para aprender máis sobre o uso das tecnoloxÃas.
As seguintes paradas previstas na provincia de Ourense son: o 11 de xuño en Riós, o 12 en Vilardevós, o 16 pola mañá na Teixeira e pola tarde en Montederramo. Posteriormente, o tour chegará ás provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo.
Alén da capacitación dixital, esta iniciativa ten dúas metas primordiais: unha, que as persoas maiores desfruten das vantaxes das tecnoloxÃas e non queden á marxe e dúas, que o feito de vivir en pobos ou zonas rurais non supoña unha desvantaxe para elas.
Indo aos obradoiros, os contidos centraranse en: tecnoloxÃas (realidade virtual e intelixencia artificial), aplicacións útiles (banca electrónica e facer compras en liña) e seguridade na Rede (ciberseguridade e detección de posibles fraudes).
Por último, informar que as persoas interesadas nas actividades de Enredando Tour AMTEGA poden chamar ao teléfono gratuÃto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.
No espazo das formacións daráselles o apoio dixital que necesiten e se quedan con dúbidas ou queren realizar algunha consulta, teñen a opción de recibir asesoramento a través da web do proxecto.
Engadir que esta acción enmárcase dentro do proxecto Enredando, que comezou no ano 2020 para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.
