28 polÃgonos industriais da provincia de Pontevedra contarán con acceso á Rede de até 350 Mbps este ano
martes, 27 de febreiro do 2018
O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará
este ano o acceso a Internet con velocidades de até 350 Mbps a outros 9
polÃgonos pontevedreses, acadando asà un total de 28 superficies
empresariais conectadas a redes ultrarrápidas este ano. Asà o anunciaron esta
mañá a directora da AMTEGA, Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos,
e o secretario territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro.
As actuacións do Plan comezaron en agosto 2016 e ao remate
de 2017 habÃa xa 19 polÃgonos da provincia con servizo de banda larga
ultrarrápida. Unha vez completado o Plan, o 95% das superficies empresariais
ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps.
Ademais, como complemento a esta actuación, a AMTEGA abriu
en 2017 unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a
empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural. Destináronse preto de
400.000 euros á subvencionar solucións especÃficas a máis de 30 empresas que agora
dispoñen de velocidades de acceso a internet de entre 50 Mbps e 350 Mbps.
As empresas dos polÃgonos beneficiados desta actuación do
Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas
velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantÃa de
caudal do 80% sen lÃmite de descargas.
O Plan xa completou o despregamento en 51 polÃgonos da
Comunidade e este ano chegará aos 30 restantes. Deste xeito, en 2018, un total
de 130 polÃgonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada,
disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps.
A AMTEGA subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4
millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2 millóns de euros.
Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo AgrÃcola de
Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de
Galicia 2014-2020 (PDR).
Axudas para núcleos de poboación do rural
Tras as dúas primeiras actuacións orientadas a mellorar a
conectividade no tecido empresarial, a AMTEGA puxo en marcha en xaneiro a
terceira actuación para facilitar o acceso a redes ultrarrápidas en zonas do
rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes.
Trátase dunha convocatoria de axudas a operadores, en fase
de resolución, cun importe de 14,2 millóns de euros, dirixida a operadores de
telecomunicacións para facilitar o acceso a internet de cando menos 100Mbps en
núcleos de menos de 150 habitantes.
Os operadores poderán actuar en calquera das 26.386
entidades de poboación de menos de 150 habitantes e noutros 80 núcleos de entre
150 e 300 habitantes. A convocatoria contempla subvención mÃnima de 20.000€
para cada un dos proxectos presentados ata esgotar a dotación orzamentaria prevista.
As redes coas que se dote ás entidades de poboación deberán
proporcionar servizos de cando menos 100 Mbps de baixada e 20 de subida, non
establecer limitacións de descargas e permitir a realización de comunicacións
de voz e vÃdeo en tempo real.
A Administración autonómica concederá unha subvención máxima
do 90% do custo total de cada proxecto. Estas subvencións cofináncianse ao 75%
polo Fondo Europeo AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan
de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Con esta medida a Administración autonómica actuará nos
núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os
seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias xa en
marcha e as que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de
Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).