Halo 3 estrea beta esta semana
luns, 14 de maio do 2007
O
vindeiro mércores Microsoft lanzará a versión beta do xogo Halo 3, no que
parece ser un momento moi agardado polos seguidores dunha das sagas con máis
sona de todo o lecer electrónico (lembremos que Halo 2 fora a estrea máis importante dun produto, superando incluso
ás estreas cinematográficas). Esta versión de proba xa se está a presentar en
distintos eventos reducidos, e parece deixar abraiados ós asistentes, pois
parece superar á súa anterior entrega, de aà que tampouco deberÃa sorprender
que rache con tódolos records, posto
que xa hai quen asegura que as reservas do novo xogo nos
EE.UU. xa superan os 4 millóns de unidades (lembremos que Halo 2 xa arrasara cunhas reservas de
1,5 millóns).
A xente que puido ver a versión de proba do xogo asegura que non se trata dunha
versión pouco madura e chea de erros, senón que está moi preto de ser a versión
definitiva do produto, limitando o xogo a 3 niveis: Snowbound, High Ground e
Valhalla.
O xogo incorporará distintas modalidades de xogo, novas armas, novos vehÃculos
e gráficos moi mellorados, que nos vindeiros dÃas poderán comprobar moitos
xogadores da serie de videoxogo máis popular para Xbox 360.