Commandos: Origins está a recrutar xogadores para a súa beta

luns, 29 de abril do 2024 Marcus Fernández

A saga de xogos Commandos é unha das máis recordadas en España, por ser unha creación local de grande éxito coa que Pyro Studios deixou unha fonda pegada, e co gallo dunha presentación de xogos independentes que sairán en Xbox, temos novos detalles do seu reboot, Commandos: Origins, que este mesmo contará con versión para PC (Steam), PS5 e Xbox, confirmando Microsoft que estará incluído no Game Pass, o que permitiría a moitos xogadores achegarse a esta nova formulación do xogo, que desta volta chega da man de Claymore Game Studios.
Os máis ansiosos por ver o que ofrecerá Commandos: Origins poden alistarse para poder participar nas probas da versión para PC do xogo, e así recuperar o rol de Jack O’Hara, boina verde que cos seus 5 compañeiros terá que completar numerosas misións en plena Segunda Guerra Mundial.
Commandos: Origins será un xogo táctico en tempo real, como anteriores entregas da saga, tendo que tirar proveito das habilidades dos distintos integrantes do equipo de forzas especiais, e percorrer escenarios do máis variado (dende chairas xeadas no Ártico até desertos en África).
Será posible gozar do xogo en modo cooperativo para 2 xogadores tanto en liña como en local a pantalla partida.

Commandos: Origins conservará o estilo de xogo de entregas anteriores

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE