Preparan un xogo de VR de Alien

venres, 26 de abril do 2024 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos Survios (responsables de xogos de realidade virtual como Creed: Rise to Glory, Puzzle Bobble 3D: Vacation Odyssey ou The Walking Dead: Onslaught) están a anunciar que de cara ao vindeiro Nadal van lanzar o xogo Alien: Rogue Incursion para PlayStation VR2, Meta Quest 3 e PC (Steam).
Este novo título sería un xogo de realidade virtual que prometería somerxernos no terrorífico mundo de Alien dun xeito inmersivo, presentando unha historia totalmente orixinal que pretende satisfacer aos seareiros da franquía cinematográfica do mesmo nome.
Alien: Rogue Incursion está a desenvolverse empregando Unreal Engine, polo que podemos agardar un xogo de grande calidade técnica, que consiga arrepiar aos usuarios que queiran vivir unha aventura na que ter que sobrevivir ante a presenza do temido xenomorfo.

Vídeo de presentación de Alien: Rogue Incursion

PUBLICIDADE