A serie X-Men ’97 inspira produtos de Xbox
martes, 23 de abril do 2024
Unha das grandes sorpresas da tempada audiovisual é a serie de animación X-Men ’97 que emiten en Disney+ e que retoma a historia dunha serie dos anos 90 que incluso puidemos ver no seu dÃa na TVG, e que está a ter unha acollida tan positiva que resulta inevitable que transcenda o seu medio, e Microsoft anuncia hoxe que vai chegar ao mundo dos videoxogos dun xeito que poucos podÃa prever: a vÃa do hardware.
Que lanzasen revisións dos xogos de recreativa da Patrulla X lanzados nos tempos da serie de animación parecerÃa razoable, pero o que hoxe anuncian é unha edición especial da consola Xbox Series X envolta nunha banda deseñada escrita por Rich Douek e debuxada polo mallorquino Paco DÃaz, na que podemos ver a CÃclope liderando ao seu equipo nun combate contra os Sentinelas e o Molde Mestre.
Estamos ante un exercicio de nostalxia que non queda aÃ, e tamén estará acompañado por unha serie de mandos de Xbox inspirados en cada membro da Patrulla X animada, de xeito que os mandos presentan unha combinación de cores que casa ben cos uniformes e aparencias dos protagonistas da serie. Por exemplo, o mando inspirado en Wolverine é de cor amarela e o de Magneto é vermello.
Estas creacións tan curiosas poderán conseguirse a través dun sorteo que organizan en redes sociais, e non semella que vaiamos ver estes produtos nas tendas (por ser excesivamente de nicho), aÃnda que cómpre lembrar que a través do Xbox Design Lab é posible recrear sen problema os mandos personalizados que propoñen nesta campaña.
- Xbox propón deseños para os seus mandos inspirados nos protagonistas de X-Men ’97