Artigos desta sección
Sony descúlpase pola inclusión da Catedral de Manchester nun videoxogo
A aparición da catedral de Manchester no xogo de PS3 Resistance: Fall of Man molestou á Igrexa británica, que pediu unha desculpa de Sony e a retirada do xogo do mercado (ou a eliminación da Catedral do mesmo) ó que a compañía nipona vén de responder cunha “sincera desculpa”, o que agradeceron os voceiros do clero anglicano, que non gustaban de que a catedral (...)
Ler máisPresentan no Xapón un sistema para coidar a pel coa axuda da Nintendo DS
A Nintendo DS ampliará os seus usos no Xapón, pasando a ser algo máis que unha consola de videoxogos portátil e podendo transformarse nun asistente para o coidado da pel grazas ó Dream Skincare da doutora Chizu Saeki, que veñen de presentar no Imperio do Sol Nacente.
Ler máisNeed for Speed ProStreet chegará antes de rematar o ano
A finais de ano Electronics Arts lanzará unha nova entrega de Need for Speed, que contará coa tecnoloxía Autosculpt para permitir modificacións na aparencia dos vehículos empregados nestas popular saga de xogos de carreiras de coches e mesmo afectarán ó rendemento do automóbil. Need for Speed ProStreet tamén incorpora un novo sistema de danos que amosará cada (...)
Ler máisOs Sims terán xogo para as consolas de Nintendo
A finais de ano os usuarios das consolas Nintendo Wii e DS poderán contar cunha das sagas de máis éxito para PC, a dos Sims, pero dándolles unha imaxe de seu, ou sexa, achegando a aparencia dos protagonistas dos Sims á dos Mii (os simpáticos monecos personalizables que protagonizan moitos dos xogos da Wii) de xeito que MySims leva o simulador de vidas (...)
Ler máisPedalar coa axuda da PSP
Poucos exercicios físicos hai máis aburridos que as bicicletas estáticas, polo que dende Trixter queren aledar a práctica deste tipo de actividade cun soporte para suxeitar unha consola PSP no manillar da bicicleta para despois poder inserir na videoconsola unha tarxeta Memory Stick con rutinas de exercicio para facer mentres se pedalea. Este curioso (...)
Ler máisA Igrexa británica está molesta por un xogo para PS3
O xogo de PlayStation 3 Resistence: Fall of Man, que xa vendeu máis dun millón de copias e que incluso se venderá a partires da vindeira semana nun paquete coa consola de Sony, está a resultar sumamente polémico no Reino Unido, posto que a Igrexa do país non aproba que no videoxogo apareza a catedral de Manchester, polo que ameazan a Sony de emprender medidas (...)
Ler máisDavid Bisbal terá xogo para móbiles de seu
A editora de xogos para móbiles LemonQuest anunciou o lanzamento de David Bisbal Fan Factor, un novo videoxogo no que os usuarios poderán competir por ser o mellor afeccionado do cantante almeriense, para o que se terán que superar varios e divertidos retos que van dende preguntas sobre David Bisbal ata mini-probas tipo puzzle para compor a imaxe do (...)
Ler máisO clásico Pac-Man rexurde na Xbox 360
Trala súa adaptación para os iPod, o comecocos rexurde a través da tenda en liña de Microsoft para a Xbox 360, de xeito que o xogo que xa ten 27 años de historia renova lixeiramente a súa aparencia no Pac-Man Championship Edition que permitirá ós nostálxicos rememorar os momentos vividos xogando a unha das máquinas arcade máis representativas, que serviu mesmo de (...)
Ler máisParis Hilton protagoniza un xogo en Flash ambientado na cadea
A multimillonaria norteamericana Paris Hilton está a acadar a atención mundial pola súa entrada na cadea condenada por conducir a 113 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 despois de que lle retiraran a licenza de condución por conducir bébeda. Agora, a herdeira da cadea hoteleira Hilton terá que pasar 23 días presa, deixando claro que os cartos non (...)
Ler máisO FIFA 08 incluirá minixogos na súa versión para Wii
A revista Nintendo Power no seu número do mes de xullo dá detalles sobre o xogo FIFA 08 para Wii, que destacará por introducir os Miis en distintos minixogos. Así, aínda que no xogo de EA se manexen a populares xogadores de fútbol, Ronaldiño ou Sergio Ramos non participarán en pequenos xogos que engadirán diversión a esta curiosa entrega da saga FIFA. Polo (...)
Ler máis0 | ... | 7180 | 7190 | 7200 | 7210 | 7220 | 7230 | 7240 | 7250 | 7260 | ... | 7350
