Artigos desta sección
A BBC podería estar a preparar un videoxogo do Doutor Who
As adaptacións de películas e series de televisión a videoxogos son algo bastante recorrente, e agora podería ser un personaxe moi representativo dos primeiros anos da TVG o que volvese en forma de videoxogo, xa que se rumorea que a BBC está a preparar un xogo do Doutor Who.
Ler máisStranglehold precisará de 2 Gb de RAM para funcionar nun PC
Stranglehold, o xogo que se inspira na película Hard Boiled de John Woo, está a ser moi agardado por usuarios das consolas de Xbox 360 e PS3, destacando o feito de que a consola de Sony contará cunha edición especial na que se incluirá no mesmo disco do xogo a película protagonizada por Chow Yun Fat, mentres que os usuarios de PC poderían ter serios problemas (...)
Ler máisRetiran varios xogos da PlayStation Store
Sony vende dende hai meses distintos xogos vellos de PlayStation para o seu uso na PS3, pero varios títulos están a amosar problemas, polo que veñen de retirar Spyro 2 e Crash Bandicoot 2, que se suman así á retirada de MediEvil o mes pasado. Os problemas presentados poderían arranxarse en breve, pero se suman a moitas outras incompatibilidades que presenta a (...)
Ler máisDesenvolven un xogo apto tanto para invidentes como para persoas sen problemas de visión
Vector Animado desenvolveu para a ONCE o xogo Onae, la aventura de Zoe, que pretende animar ós invidentes a competir case en igualdade de condicións con outras persoas sen problemas de visión, elemento no que destaca especialmente este videoxogo.
Ler máisUn novo xogo permítenos dixirir un equipo de baloncesto da FIBA
Xider Games achegaranos no outono por 29,99 euros o xogo FIBA Basketball Manager 2008, que permitirá ós afeccionados ó baloncesto a simulación da dirección dun equipo, planeando plans de ataque, consultando fichas de xogadores e podendo revistar distintas informacións e gráficos que fan que o xogo sexa moi completo. Podemos xogar a Liga, os campionatos (...)
Ler máisOs videoxogos para as consolas de Nintendo son os máis vendidos no Xapón
Vimos de coñecer a listaxe cos 10 xogos que máis se venderon no Xapón entre o 23 e o 29 de xullo, e parece que a posición dominante de Nintendo no mercado dos videoxogos no Imperio do Sol Nacente está manténdose con forza, pois mentres que Sony coloca un título por cadansúa consola (PS2, PS3 e PSP) e Microsoft fai o propio coa Xbox 360, temos que 6 dos 10 xogos (...)
Ler máisAs trasnadas dos Jackass chegarán as consolas en setembro
Finalmente a versión do xogo da xa célebre serie Jackass (logo convertida en película), chegará as consolas do mundo no vindeiro mes de setembro. Serán preto de 40 diferentes probas e escenarios para tentar que os personaxes da serie fagan (ou se fagan) o meirande dano posible. As probas xa míticas, coma o tiro ao colega con rifles de paintball, o as (...)
Ler máisEA lanza un novo xogo de billar para o iPod
O soporte de xogos por parte dos últimos modelos do iPod abriu a porta a un negocio no que entraron fabricantes tradicionais coma Electronics Arts, que tralo seu xogo de bolos dos Sims lanza agora o The Sims Pool, que permite xogar ó billar dende o reprodutor multimedia de (...)
Ler máisA CBS transmitirá un torneo de videoxogos dentro da súa programación deportiva
Mañá mércores 1 de agosto será o día en que por vez primeira unha cadea de televisión masiva -como é a CBS nos Estados Unidos- substituirá a transmisión deportiva tradicional para centrarse nun torneo de videoxogos. Se ben este tipo de transmisións xa foron feitas en outras canles de menor alcance, e segundo o New York Times perante unha audiencia “modesta”, a (...)
Ler máisEn 2008 sairá á venda o videoxogo LEGO Indiana Jones
A Convención sobre Comics de San Diego serviu para dar a coñecer que a saga de Indiana Jones seguirá os pasos de Star Wars, polo que, como anuncian no trailer que presentaron durante o evento norteamericano, “o vindeiro ano a lenda farase LEGO”, ou sexa, que Indiana Jones terá un novo videoxogo para PS3, Xbox 360 e Nintendo Wii no que os personaxes se (...)
Ler máis0 | ... | 7140 | 7150 | 7160 | 7170 | 7180 | 7190 | 7200 | 7210 | 7220 | ... | 7350
