Artigos desta sección
EA Access chegará a PlayStation 4 en xullo
Cada vez son máis frecuentes os servizos de subscrición como alternativa aos produtos comprados en formato físico, e as apostas nesta dirección parecen estar a funcionar moi ben, de xeito que agora temos que EA Access, o servizo que Electronic Arts lanzou en 2014 para usuarios de Xbox One a través do que ofrecen máis dun cento de xogos por 3,99 euros/mes (ou (...)
Ler máisRetroCoruña volverá en xuño
En decembro de 2014 celebrouse a 6ª edición de RetroCoruña, encontro de afeccionados á informática clásica e aos videoxogos retro que tras uns anos de ausencia volverá celebrase o vindeiro 8 de xuño, nunha «edición máis lixeira, exprés e enfocada á escena galega» que están a organizar a Asociación de Usuarios de Informática Clásica, RetroGalaicos e a Sociedade (...)
Ler máisA SNK 40th Anniversary Collection chega a Xbox One
Para celebrar o seu 40º aniversario SNK lanzou unha compilación de xogos que na súa meirande parte trunfaron en máquinas recreativas que contou con versións para Nintendo Switch e PlayStation 4, e que hoxe mesmo estrea versión para Xbox One, de xeito que xa podemos mercar a SNK 40th Anniversary Collection para a consola de Microsoft por 39,99 (...)
Ler máisO Solitario entra no Salón da Fama dos Videoxogos
Donkey Kong, Doom, Final Fantasy VII, Grand Theft Auto III, The Legend of Zelda, Pac-Man, Pong, Los Sims, Super Mario Bros., Space Invaders e Street Fighter II son algúns dos xogos que forman parte do Salón da Fama dos Videoxogos no museo The Strong en Rochester (New York), e estes días están a ampliar a colección con catro novos títulos moi representativos (...)
Ler máisBlizzard non estará presente na Gamescom
O futuro das grandes feiras de videoxogos está cada vez máis en dúbida, e tras anunciarse que Sony non acudirá á vindeira edición do E3 en Los Ángeles, temos agora que Blizzard non acudirá á Gamescom de Colonia, asegurando que tomaron esta decisión para centrarse no desenvolvemento dos seus xogos actuais e futuros (...)
Ler máisFinal Fantasy XII: The Zodiac Age chega a Xbox One e Nintendo Switch
En 2017, dez anos despois do lanzamento español para PlayStation 2 de Final Fantasy XII, chegou a PlayStation 4 Final Fantasy XII: The Zodiac Age, unha versión do xogo con gráficos actualizados á alta definición que hoxe estrea versións para Xbox One (que en Xbox One X corre até a 60 imaxes por segundo) e Nintendo (...)
Ler máisUn xogo de golf será o máis destacados dos Games with Gold de maio
Tras uns meses cunha selección de xogos moi forte, Microsoft solta o pé do acelerador para o mes de maio e anuncia uns xogos para os usuarios Gold de Xbox LIVE moi por debaixo do habitual, con practicamente un título relativamente aceptable: The Golf Club 2 featuring PGA Tour. Este xogo de golf para Xbox One con licenza oficial chegará na segunda metade do (...)
Ler máisAngry Birds AR: Isle of Pigs chega a iOS
Este ano os paxaros anoxados de Rovio estrearon xogo de realidade virtual, Angry Birds VR: Isle of Pigs, e hoxe estreouse unha adaptación deste título no que acción transcorre tridimensionalmente para gozalo no iPhone e no iPad tirando proveito da realidade aumentada nos máis de 40 niveis nos que Red, Chuck, Bomb e os Blues terán que recuperar os ovos que (...)
Ler máisA PlayStation 5 tardará máis dun ano en chegar ao mercado
Aínda que o público está ansioso por ter máis detalles sobre a vindeira xeración de consolas de videoxogos, cómpre advertir que está máis lonxe do que algúns esperan, e na presentación de resultados económicos de Sony responsables da compañía aseguraron que a PlayStation 5 non verá a luz nos vindeiros 12 meses, ou sexa, que como moi pronto lanzaríase no verán de (...)
Ler máisVengadores: Endgame chega a Fortnite
Hoxe chega aos cines o filme Vengadores: Endgame e dende Epic Games repiten a xogada que fixeron coa anterior entrega cinematográfica do grupo superheroico da Marvel e realizan unha simbiose dentro do seu xogo Fortnite, que hoxe recibirá a Thanos e aos seus chitauri, que invaden o Battle Royale na procura das Xemas do Infinito. Nesta ocasión, en vez de (...)
Ler máis0 | ... | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | ... | 7350
