Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Steam Link chega a iPhone, iPad e Apple TV

Pese aos moitos avances de Steam Link nos últimos meses o servizo estaba coxo, xa que carecía de aplicacións para iOS dada a negativa de Apple a aceptala na App Store, pero agora que flexibilizaron os seus criterios estréase a aplicación de Steam Link para dispositivos de Apple, compatible non só con iPhone e iPad, senón tamén con Apple TV, o que fai doado (...)

Ler máis

Super Mario Maker 2 protagoniza un novo Nintendo Direct

O último Nintendo Direct estivo dedicado a achegar información sobre o agardado Super Mario Maker 2 para Nintendo Switch, xogo que verá a luz o vindeiro 28 de xuño, e que incluirá novos elementos e contornos, un novo modo historia (no que axudar a Peach a reconstruír o seu castelo), a posibilidade de crear niveis en compañía, contará con modo multixogador (...)

Ler máis

No Xapón xa hai máis consolas Nintendo Switch que PS4

Non é ningunha sorpresa que a PlayStation 4 está a chegar ao remate da súa xeración, polo que hai tempo que as súas vendas non son moi boas, de xeito que resulta evidente que actualmente a Nintendo Switch vende moito máis a nivel mundial. O que si resulta abraiante é que no mercado nipón non só a Switch vende moito máis do dobre de unidades que a PS4, senón que (...)

Ler máis

En breve teremos un novo xogo de Pokémon para móbiles

Hai un par de anos iniciaron no Xapón as probas do xogo móbil Pokéland, que sería unha especie de adaptación do Pokémon Rumble que en 2009 saíu para Wii, e agora este título inicia as súas probas para Android en Australia baixo o título de Pokémon Rumble Rush, anunciándose que o seu lanzamento oficial no Xapón será inminente e tampouco faltaría moito para que este (...)

Ler máis

Sae á venda RAGE 2

O esperado xogo de Bethesda, RAGE 2, por fin está aquí, con versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, convidando aos xogadores a somerxerse no Ermo, un mundo sen regras onde impera a tolemia tras a caída dun asteroide que aniquilou ao 80% da humanidade, levando á poboación a un futuro distópico no que bandas desapiadadas móvense polas estrada s e a tiránica (...)

Ler máis

Gears 5 podería saír á venda o 10 de setembro

Na pasada edición da feira E3, durante a presentación de Microsoft, confirmouse que este ano iamos ter unha nova entrega de Gears of War, chamada Gears 5, da que vén de filtrase interesante información a través de Generación Xbox, medio que tería adiantado a portada do xogo e a súa data de (...)

Ler máis

TETRIS 99 pode mercarse para xogar fóra de liña

No Nintendo Direct de febreiro sorprenderon anunciando o xogo TETRIS 99, un free-to-play do clásico Tetris para 99 xogadores en liña, que poden gozar os subscritores de Nintendo Switch Online, e que é un dos battle royale máis orixinais que podemos atopar no mercado, pero que agora ábrese ao público xeral a través do Big Block DLC, un contido descargable de (...)

Ler máis

O remake de Final Fantasy VII déixase ver nun novo State of Play

A pasada noite tivemos a segunda entrega de State of Play, o novo xeito que ten Sony para comunicar as novidades para PlayStation 4 a través de vídeos de YouTube, que desta volta destacou por ofrecer por fin imaxes de Final Fantasy VII Remake, xogo do que darán máis detalles en (...)

Ler máis

ExpOtaku celebrará a súa 10ª edición os días 24,25 e 26 de maio

Entre os días 24 e 26 de maio o recinto feiral EXPOCoruña acollerá por décimo ano consecutivo o encontro ExpOtaku, centrado no mundo do manga, o anime, o cosplay e outras mostras culturais alternativas entre as que ten unha importancia moi especial o sector dos videoxogos, que contará cun amplo espazo de xogo libre (nos que destacará un espazo temático coas (...)

Ler máis

Donkey Kong Jr. chegará este mes aos subscritores de Nintendo Switch Online

Para compensar que o servizo de Nintendo Switch Online é de pagamento Nintendo inclúe recompensas como un catálogo de xogos de NES que poden xogarse sen custo adicional na Switch, partindo dun catálogo de 20 xogos aos que van incorporándose 2-3 títulos cada mes, sendo títulos máis que notables, de xeito que en novembro puidemos ver como engadían Metroid, en (...)

Ler máis

0 | ... | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade