Artigos desta sección
Innovación ultima o deseño do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información 2007-2010 antes de sometelo a debate
A Consellería de Innovación quere que Galiza converxa coa Unión Europea en materia de afianzamento do emprego das redes da información. Este é –de feito– o gran obxectivo do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, que segundo anunciou o departamento da Xunta este 4 de novembro estará dispoñible en breve como ferramenta orientada a (...)
Ler máisEn dous anos, os LED substituirán ás tradicionais lámpadas
Ó longo dos últimos anos fómoslle dicindo adeus a aparellos tan tradicionais como o tocadiscos, o walkman, a máquina de escribir... e a unha infinidade de obxectos que foron sendo substituídos por outros novos con mellores características e rendibilidades, ou con outras calidades que fixeron que os antigos quedaran no esquecemento (ou non tanto).Agora semella (...)
Ler máisMio Digiwalker H610: GPS para mulleres (?)
Mio Technology Europe vén de lanzar unha nova categoría de GPS, o Asistente Persoal de Viaxe (PTA); trátase do premiado Mio Digiwalker H610, o primeiro dispositivo GPS “deseñado especialmente para mulleres” (di o fabricante).Conta cunha pantalla táctil de 2,7 polgadas, carcasas intercambiables, reprodutor multimedia, xogos, mapas de 24 países europeos, (...)
Ler máisSony presenta no Xapón portátiles de menos de 1 Kg de peso
Sony vén de presentar a súa nova serie de portátiles Vaio G, que presumen de ser os máis lixeiros do mundo con peso de entre 989 e 984 gramos (segundo teñan ou non unidade de lectura óptica). Estes novos equipos contan con pantallas de 12,1 polgadas e se venden con distintos procesadores (Celeron M, Intel Core Solo U1300 a 1,06 GHz e Intel Core Solo U1400 a (...)
Ler máisA política e o humor comparten éxito na primeira edición dos Vloggies
O pasado sábado os videoblogs ou vlogs vestíronse de gala para a entrega da primeira edición duns premios para eles, os Vloggies, que contaron con Irina Slutsky (de Geek Entertainment TV) e Daniel McVicar (de Bold and the Beautiful) coma anfitrións, entregando os premios das distintas categorías algúns dos personaxes máis coñecidos deste novo xénero (...)
Ler máisA Xbox 360 podería achegar a alta definición os fogares cunha nova tenda en liña
As consolas de videoxogos emerxentes sempre dan lugar a moitos rumores, e agora é a Xbox 360 a que protagoniza o seu, que parece sumamente interesante, posto que comentan que a tenda virtual de Xbox podería comezar a comercializar vídeos en alta definición, que se alugarían a 4 dólares ou tamén se poderían mercar a un prezo non mencionado.O principal atractivo (...)
Ler máisOs concelleiros do PP de Oleiros publican as súas declaracións de bens e intereses na Rede
Anxo García Seoane, alcalde de Oleiros, nun acto de transparencia, publicou a primeiros do pasado mes de xullo a súa declaración de bens na páxina web do Concello de Oleiros, o que pareceu sentar todo un procedente na vila coruñesa, xa que esta fin de semana a agrupación local do Partido Popular inaugurou páxina web na que se inclúen os rexistros dos bens e (...)
Ler máisO Foro pola Gobernabilidade da Internet propón unha carta dos dereitos da internet e amosa a preocupación polo excesivo peso do inglés na Rede
A Organización das Nacións Unidas organizou nestas datas un Foro pola Gobernabilidade da Internet que parece chegar tarde, mal e arrastro, cando menos se temos en conta que a conexión Wi-Fi de balde coa que agardaban contar durante o evento non funcionou, polo que falaron da Rede sen ter acceso á mesma (non parecía un bo comezo).Ademais, os temas a debate (...)
Ler máisMelloran o acceso a GMail dende o móbil
O servizo de correo de Google, GMail, está mellorando a súa dispoñibilidade, de xeito que lanza unha nova aplicación Java para móbiles que se pode descargar de balde e que permite acceder dende calquera terminal compatible ó correo de GMail, que destaca especialmente por permitir ver os ficheiros adxuntos coma textos en PDF, imaxes ou documentos de Word dende (...)
Ler máisReivindican o papel dos traballadores maiores como mentores de empresas tecnolóxicas
Estes días tense falado moito, sobre todo en Internet, das novas xeracións coñecidas de xeito coloquial como cibernenos, formadas por cativos que se crían rodeados das novas tecnoloxías e que, xa antes dos catro anos, teñen na súa maioría contacto continuo cos computadores e outros aparellos descoñecidos para moitos maiores.Isto significa que a súa experiencia (...)
Ler máis0 | ... | 48650 | 48660 | 48670 | 48680 | 48690 | 48700 | 48710 | 48720 | 48730 | ... | 48900
