Artigos desta sección
Trebe-lab organiza este sábado 25 un obradoiro de balde sobre instalación e usos do software libre
A Asociación Cultural Caleidoskopio (trebe-lab) está a organizar estes días unha serie de actividades relacionadas de balde e relacionadas coa informática no local do colectivo Cova dos Ratos no número 3 da rúa Romil de Vigo. Trátase de actividades formativas de carácter práctico a tódolos niveis (para estudantes e tamén para profesionais de calquera titulación (...)
Ler máisO Clúster Audiovisual Galego avaliará en Lugo, Santiago e Pontevedra as vantaxes do dixital no sector
O Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais vai manter especialmente activa até fin de ano en Galiza a reflexión arredor dun tema que toca de preto a tódalas persoas que traballan hoxe en día nos eidos audiovisual e/ou tecnolóxico: a revolución dixital. Esta cuestión, cinguida ás posibilidades de negocio que vai traer consigo, é o eixo do (...)
Ler máisAs bitácoras, por diante da publicidade en televisión en termos de fiabilidade
Tendo en conta que nunha boa parte dos anuncios de televisión que chegan hoxe en día ás nosas pantallas saen reflectidos tódolos peores estereotipos da sociedade actual (hai contidos sexistas até na publicidade dirixida ós nenos, por non falar da glorificación do consumismo), se cadra non ten moito mérito o dato achegado por Ipsos MORI referente á fiabilidade (...)
Ler máisEste martes celébrase o Día Mundial da Usabilidade
A usabilidade é un concepto que define a facilidade e optimización do uso de interfaces de usuario (tanto físicas como lóxicas) que en moitos casos resulta sumamente descoidada por enxeñeiros, programadores e deseñadores, polo que a UPA (The Usability Professionals’ Association) organiza un evento global para concienciar sobre o problema e que se concreta coa (...)
Ler máisOs xornais en papel electrónico poderían chegar en 2008
A tecnoloxía coñecida coma papel electrónico, consistente nun soporte flexible e de baixo consumo que permite amosar información coma se dun papel ordinario se tratase, pero podendo actualizar os seus contidos, está a dar lugar a moitos prototipos prometedores que poderían converter en realidade a impresión sen papel en pouco tempo, baseando a distribución dos (...)
Ler máisTriunfo galego nos BoBs
Os premios internacionais organizados pola Deutsche Welle para destacar ós mellores blogs do mundo, os BoBs, xa teñen gañadores na presente edición, liderando ós premiados o weblog norteamericano Sunlight Foundation, que é un blog colectivo que ten coma obxectivo que o Goberno e as autoridades estadounidenses teñan máis transparencia e incluso serviu para (...)
Ler máisA brutalidade policial protagoniza un vídeo en YouTube
En 1992 unha gravación dun videoafeccionado na que se vía como un cidadán de cor, Rodney King, era golpeado de xeito brutal por uns policías en Los Ángeles, provocou unha vaga de violencia nos EE.UU. no que consideraban que era un acto de brutalidade policial provocado por motivos raciais, e agora a Internet podería ser o detonador de conflitos semellantes, (...)
Ler máisA FOX denuncia os perigos do acceso á Internet a través da PSP
A protección dos menores é un tema complexo e sempre polémico, pero atribuír ós perigos inherentes á Internet ós dispositivos que permiten o acceso á mesma pode resultar excesivo e, se vemos unha nova que difundiu recentemente a FOX na televisión norteamericana, parece que respondería a intereses ocultos en aras de desacreditar un produto en concreto.Así, a FOX (...)
Ler máisO sistema de correo web de Yahoo! podería integrar mensaxería instantánea
Yahoo! está a renovar os seu cliente de correo electrónico, e tras unha completa remodelación da súa interface nas pasadas semanas, agora parecen querer achegar máis prestacións os seus máis de 250 millóns de usuarios activos mensualmente, de xeito que estudan a integración do Yahoo Messenger dentro do seu sistema de correo web, de xeito que non se precisaría da (...)
Ler máisA SGAE prognostica que a piratería desaparecerá no prazo dun lustro
A SGAE non deixa de sorprender ós internautas. Esta vez foi o director do gabinete de relacións institucionais da Sociedade, Pedro Farré López, quen recentemente asumiu o papel de adiviño nun encontro que mantivo con periodistas en Santiago e prognosticou a fin da piratería en Internet nun prazo de cinco anos. Segundo Farré, a piratería dixital “non vai (...)
Ler máis0 | ... | 48610 | 48620 | 48630 | 48640 | 48650 | 48660 | 48670 | 48680 | 48690 | ... | 48900
