Artigos desta sección
Movistar Imagenio móbil chega aos dispositivos de Apple
Movistar vén de ampliar as posibilidades do seu servizo de contidos de televisión á carta, Imagenio móbil, ao incorporalo aos dispositivos con iOS (iPhone e iPad), que se unen aos xa dispoñibles para Android e Blackberry. Deste xeito, o servizo ofrecido chega xa aos 95% dos smartphones da operadora, subindo un novo chanzo na difusión do sinal de televisión (...)
Ler máisA Escola de Negocios Novacaixagalicia fortalece a súa formación dixital
A Escola de Negocios Novacaixagalicia vén de afianzarse no panorama formativo español cunha serie de novidades TIC na súa liña de actividade (forma e contidos) e de acordos con entidades de prestixio. Máis polo miúdo, a escola galega puxo en marcha cinco novas dobres titulacións internacionais coa Dublin Business School. Segundo fai saber a entidade, as mozas (...)
Ler máisRIM comeza os despedimentos e perde a un dos seus principais provedores de compoñentes
Research In Motion (RIM), a compañía detrás de BlackBerry, continúa a pasar por un mal momento, que a levan a facer un axuste do seu cadro de persoal, sen detallar o número de despedimentos aos que terán que facer fronte (especúlase que entre 2.000 e 6.000 traballadores) co obxectivo de aforrar cando menos 1.000 millóns de dólares ao remate do exercicio fiscal (...)
Ler máisUn informe sitúa a Galicia na cola dos accesos á Rede a máis de 1 Mbps
Un estudo realizado pola Universidade Politécnica de Madrid en colaboración con Eutelsat sostén que máis de medio millón de españois non ten acceso a banda larga fixa de máis de 1 Mbps (velocidade garantida como servizo universal), de xeito que entre 383.000 e 786.000 españois só teñen cobertura de banda larga de prestacións limitadas. Por desgraza, Galicia está (...)
Ler máisNace unha plataforma virtual que mira polas linguas en perigo de extinción
A Galipedia di que falar dunha lingua en perigo de extinción “é referirse a aquelas linguas do mundo que son susceptibles de desaparecer por varias cousas”, entre as que cita a substitución desa lingua por outra, a desaparición física dos falantes e tamén a desaparición da transmisión familiar. Algo semellante a isto é o que lle pasa ao galego (aínda que (...)
Ler máisA Asociación contra o Cancro presenta un xogo en galego para amosar os riscos de expoñérmonos ao sol
A Asociación Española contra o Cancro vén de presentar un xogo de smartphone para aprender ás nenas e nenos a protexerse contra as doenzas da pel. A achega, que vén en tódalas linguas oficiais do Estado (galego, castelán, catalán e éuscaro), coñécese co nome de Superprotector e é unha aplicación para teléfonos de última xeración, dispoñíbel para ser descargada de (...)
Ler máisGalegoLab presentou LEGA (Lecer Galego) e Astronomía básica
A Libraría Couceiro de Santiago acolleu este xoves a presentación dunha iniciativa que xa avanzamos nas súas liñas xerais os días pasados e que se dirixe, como tódalas de GalegoLab, a encher os baleiros de uso de galego que existen na nosa sociedade. Falamos de LEGA (Lecer galego), un proxecto da dita comunidade-plataforma en liña que, segundo informou o seu (...)
Ler máisAntonio Mosquera González, novo director da ETSE de Santiago
O profesor do Departamento de Electrónica e Computación Antonio Mosquera González resultou elixido este xoves novo director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría por 36 votos a favor, 5 en contra e 6 en branco. O equipo de dirección confórmano ademais Francisco Omil Prieto, do Departamento de Enxeñaría Química, como subdirector e Purificación Cariñena Amigo, do (...)
Ler máisNovo vídeo de Matt Harding bailando por todo o mundo
Así a bote pronto é posible que o nome de Matt Harding non nos soe de nada ou o relacionemos con algún cantante de rock ou soul, ou mesmo con algún piloto de carreiras; e se preguntamos onde está?, é probable que pouca xente nos saiba responder ó primeiro intento (exceptuando os seus fieis seguidores na Rede). Agora ben, se a resposta que damos é (...)
Ler máisO tratado antipirataría ACTA, máis preto de ser rexeitado definitivamente
Primeiro foi a SOPA, despois tocoulle a quenda á PIPA, e cando todos estabamos a pensar nunha MAZA ou nalgún outro termo culinario de dúas sílabas, a terceira iniciativa lexislativa na defensa de intereses corporativos en Internet naceu co nome de ACTA, pero correu a mesma sorte que as anteriores, e vén de ser rexeitada pola maioría dos países da UE. O (...)
Ler máis0 | ... | 28130 | 28140 | 28150 | 28160 | 28170 | 28180 | 28190 | 28200 | 28210 | ... | 42560