Artigos desta sección
Para o 2016, o 36% dos contidos dixitais almacenarase na nube
O cloud computing é unha tecnoloxía que está a gañar adeptos en tódolos sectores case sen excepcións. Na actualidade son moitas firmas que aposta xa por almacenar os seus contidos na nube, aforrando así espazo, tempo, custes e mesmo problemas, ao resultar máis seguro que os soportes de almacenamento físicos. A conto disto, a consultora Gartner vén de facer (...)
Ler máisPreséntase unha tese galega en formato de libro electrónico
Xurxo Ayán, investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) de Santiago, presentou este luns en Santiago un traballo que abre novos vieiros de comunicación e distribución do coñecemento xerado dende a nosa comunidade científica. De feito, o libro Casa, familia e comunidade na Idade (...)
Ler máisOs casos de éxito máis recentes do noso cinema, piares dun curso de verán a celebrar en Celanova
Celanova vai acoller este verán un curso dirixido a amosar casos de éxito do noso cinema para facilitar na medida do posíbel a chegada de outros casos de éxito. A actividade contará ademais co valor engadido de contar coa participación activa dos creadores desas obras audiovisuais galegas de referencia, como son Engurras, Birdboy ou Vikingland. Cómpre (...)
Ler máisRIM podería segregarse en dúas compañías para vender o seu negocio de móbiles
A pasada fin de semana o The Sunday Times informou de que Research In Motion (RIM) está a estudar a posibilidade de dividir os seus negocios en 2 empresas diferentes, unha destinada ao cada vez máis complicado negocio da fabricación de terminais (BlackBerry), e outra para a súa rede de mensaxería. O xornal británico tamén comenta que Facebook e Amazon poderían (...)
Ler máisO IGADI remodela a súa presenza web na procura dun meirande dinamismo
O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) vén de presentar nova feitura web, dirixida a reforzar os seus contidos e obxectivos (achegar opinión plural sobre o noso presente no mundo) a través dun deseño “máis dinámico”. Asemade, preténdese con esta remodelación acadar maior difusión do labor desenvolvido dende o Instituto e a súa contorna. (...)
Ler máisVagos.es pecha cautelarmente tras recibir unha notificación da Comisión Sinde
Tras recibir unha notificación da Sección Segunda da Comisión de Propiedade Intelectual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (a coñecida vulgarmente como Comisión Sinde) na que informan do inicio dun procedemento para a protección de dereitos de propiedade intelectual na Rede a raíz dunha solicitude presentada por CEDRO en relación a ligazóns a obras (...)
Ler máisO Portal Abert@s incorpora información sobre a contratación pública de Galicia
Os datos recollidos na Plataforma de Contratación Pública de Galicia están dispoñibles desde esta semana no Portal Abert@s da Xunta. Así as empresas e cidadáns que o desexen poden acceder a esta información en formatos abertos, o que lles permite reutilizalos e crear posibles aplicacións e prestacións. Esta é a ultima incorporación a esta iniciativa Open (...)
Ler máisFacebook xa permite editar comentarios realizados tempo atrás
Os usuarios americanos de Facebook son cada vez menos fieis a esta rede social (algo que se poderá perfectamente extrapolar a todo o mundo), segundo os datos extraídos dunha enquisa realizada por Reuters e Ipsus a 1.032 estadounidenses, dos cales, “o 35% admite pasar menos tempo na plataforma que hai seis anos”. Perante esta “fuga” de seareiros, e os (...)
Ler máisAdvirten de lagoas de seguridade nos sistemas dos centros hospitalarios españois
Unha boa parte dos hospitais españois non levou a cabo aínda unha auditoría sobre os seus datos nin conta arestora con dispositivos tecnolóxicos axeitados para o almacenamento deses datos e a súa protección. Esta é unha das conclusións dun informe sobre o cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos levado a cabo pola Axencia Española de Protección de (...)
Ler máisBSA lembra con novas accións xudiciais os riscos de empregar software ilegal
Business Software Alliance (BSA), a encargada de velar polo bo funcionamento da industria mundial do software loitando contra o uso de programas ilegais, vén de emprender unha acción xudicial contra unha empresa da Coruña, “por presunto uso de software ilegal”, indican. Trátase dunha firma do sector da enxeñaría na que segundo afirman, se inspeccionaron (...)
Ler máis0 | ... | 28120 | 28130 | 28140 | 28150 | 28160 | 28170 | 28180 | 28190 | 28200 | ... | 42560