Artigos desta sección
Industria destinará 533 millóns de euros a proxectos tecnolóxicos innovadores
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo vén de por en marcha a convocatoria de axudas para o desenvolvemento empresarial de proxectos tecnolóxicos innovadores, por una contía de 533 millóns de euros. As iniciativas que a convocatoria pon en marcha enmárcanse dentro das elaboradas no ámbito europeo, en consonancia coa Axenda Dixital Europea, dándolle (...)
Ler máisA Delegación da Xunta en Vigo estrea rede Wi-Fi pública
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, presentou esta mañá o novo servizo de tecnoloxía Wi-Fi que a Administración autonómica achega aos cidadáns que veñan a facer os seus trámites ao edificio da Xunta en Vigo. O obxectivo desta iniciativa é “incorporar e facilitar as novas tecnoloxías á vida ordinaria dos usuarios e usuarias, e tamén dos (...)
Ler máisBoottle.es organiza unha cata-sorpresa na edición viguesa de Galicia en Coworking
O evento Galicia en Coworking celebrará mañá en Vigo a súa segunda convocatoria, buscando facer doado o networking e os negocios exprés entre emprendedores, autónomos e empresas. O encontro terá lugar no Hotel Carrís Beiramar, e aparte de numerosas citas rápidas entre os asistentes, tamén reservará un espazo para a presentación de 3 proxectos da man dos seus (...)
Ler máisEl Huffington Post estréase en España
A pasada noite veu a luz un novo medio en liña en España, El Huffington Post, que vén a ser a edición local da publicación dixital fundada por Arianna Huffington, que acadou grande éxito nos EE.UU. e que quere trasladar a súa experiencia ao noso mercado, para o que colocan a Montserrat Domínguez na dirección dun equipo composto por 7 xornalistas e 60 blogueiros, (...)
Ler máisCompostela convértese na primeira cidade do mundo cun sistema de loita contra a falsificación
En vésperas do Día mundial contra a falsificación, e coa praza do Obradoiro ateigada de turistas, Compostela acolleu hoxe a presentación dun proxecto pioneiro para a loita contra a falsificación de produtos, que se estrea aquí en fase de probas, e que nun prazo de tres meses se ampliará a toda a xeografía para poñerlle fin a unha actividade delitiva de ámbito (...)
Ler máisA semana que vén terá lugar na Coruña o primeiro Betabeers galego
A serie de encontros de desenvolvedores web e aplicacións móbiles coñecido como Betabeers vai estrearse en Galicia tras o seu paso por Madrid, Barcelona Murcia, Bilbao e Salamanca, de xeito que o vindeiro 14 de xuño a sede coruñesa da Escola de Negocios Novacaixagalicia será a que dea acubillo a este I Betabeers Galicia, no que terá lugar un relatorio de (...)
Ler máisUn investigador galego consegue mellorar o rendemento e reducir o consumo de enerxía dos supercomputadores
Á máxima autoridade do noso país en materia de supercomputación, o CESGA, vén de probar no seu supercomputador FinisTerrae un mecanismo que lle permite avaliar o rendemento das aplicacións executadas no mesmo, e mellorar así o uso da memoria e do procesador, “conseguindo”, segundo afirman, “menor tempo de execución e obtendo resultados máis rápidos e menos (...)
Ler máisA Piuvi-Tecnópole de Ourense ofrece catro espazos de balde para outras tantas empresas de base científico-tecnolóxica
Hoxe en día, ter unha idea innovadora para un negocio emprendedor, por boa que sexa, non é garantía ningunha de éxito se non se conta con financiamento para desenvolvela, ou a lo menos, algo de axuda económica para dar os primeiros pasos. Con esta idea, a de axudar aos membros da comunidade universitaria a botar a andar as súas ideas emprendedoras de (...)
Ler máisGoogle continúa a mellorar os seus servizos cartográficos
Os mapas de Google son un claro referente na web e en numerosos dispositivos móbiles, pero non queren estancarse, polo que están a traballar na súa mellora, adiantando varios dos seus futuros avances no blog oficial da compañía, e o panorama resulta moi prometedor. Por unha banda temos que tras o uso de coches, triciclos e outra sorte de vehículos para (...)
Ler máisOcioenGalicia.com estrea axenda sociocultural de Santiago de Compostela
A empresa luguesa Paralelo 43, tras a boa acollida da súa axenda cultural en liña baixo o dominio OcioenLugo.com, decidiu ampliar as súas miras transformándoo nunha especie de portal cultural de ámbito autonómico que pechou 2011 con 400.000 visitas, 3 millóns de páxinas vistas e máis de 33.000 usuarios mensuais, demostrando a demanda que teñen estes contidos na (...)
Ler máis0 | ... | 28100 | 28110 | 28120 | 28130 | 28140 | 28150 | 28160 | 28170 | 28180 | ... | 42440