Facebook supera os 200 millóns de usuarios
luns, 13 de abril do 2009
A plataforma para
redes sociais Facebook leva uns meses nun crecemento imparable, e mentres o
pasado verán falábamos de que tiñan superado os
100 millóns de usuarios, nos últimos meses está a notarse aÃnda máis o seu
pulo, cun forte
crecemento en España e en moitos outros mercados que os levaron a chegar xa aos 200
millóns de usuarios segundo o propio fundador da compañÃa, Mark Zuckerberg,
que ten claro que a localización da súa web foi chave neste éxito.
Para celebrar este novo momento histórico nace a iniciativa Facebook for Good, que
servirá para compartir experiencias narradas polos propios usuarios deste
servizo web que está a revolucionar o xeito de relacionarse a xente a través da
Rede, e paralelamente pretenden achegar fondos a 16 organizacións sen ánimo de
lucro (doando parte dos ingresos da tenda de agasallos de Facebook).
