A Internet incorpora a 24 novos membros ao seu Salón da Fama
martes, 8 de abril do 2014
- Novos membros do Salón da Fama da Internet
Hai un par de anos
a Internet Society (ISOC) estreou unha especie de Salón da Fama (Hall of Fame)
da Internet para recoñecer a pioneiros, innovadores e promotores que
levaron á Rede a onde está hoxe, e esta
tarde tivo lugar en Hong Kong a cerimonia de 2014 na que se recibían a
novos integrantes deste espazo na historia da Internet.
Como novos pioneiros no Salón da Fama da Internet incorpóranse Douglas
Engelbart, Rolf Nordhagen (ambos a título póstumo), Susan
Estrada, Frank Heart, Dennis
Jennings e Radia Perlman; recoñécese o papel de innovadores como Eric
Allman, Eric Bina, Karlheinz Brandenburg, John
Cioffi, Hualin Qian e Paul
Vixie; e completáronse as incorporación cunha serie de figuras que están a
contribuír actualmente á Sociedade da Información, como Dai
Davies, Demi Getschko, Masaki
Hirabaru (a título póstumo), Erik
Huizer, Steven Huter, Abhaya
Induruwa, Dorcas Muthoni, Mahabir
Pun, Srinivasan Ramani, Michael
Roberts, Ben Segal e Douglas Van Houweling. Cómpre destacar que a metade das
figuras destacadas nesta selección de honra son estadounidenses, deixando claro
o papel motor que tiveron os EE.UU. no desenvolvemento da Internet.