A Internet estrea Salón da Fama
mércores, 25 de abril do 2012
A Internet Society (ISOC), organización sen ánimo de lucro
que este ano celebra o seu 20º aniversario, decidiu honrar á persoas que
contribuÃron ao desenvolvemento da Internet inaugurando
un Salón da Fama da Internet, iniciativa que pretende converterse nuns
premios anuais que permitirán facer un repaso por todos eses pioneiros,
innovadores e promotores que levaron á Rede a onde está hoxe.
O Salón da Fama da Internet xa
conta cunha páxina web de seu na que podemos consultar os galardoados na
súa primeira edición destes premios, que figuran en 3 categorÃas distintas:
cÃrculo de pioneiros (persoas importantes no deseño e desenvolvemento inicial
da Rede), innovadores (que contribuÃu á expansión da Internet dende os ámbitos
tecnolóxico, polÃtico ou empresarial) e socializadores globais (individuos que
axudaron a mellorar o uso da Internet a nivel mundial).
- Algúns dos integrantes do novo Salón da Fama da Internet
Entre os primeiros en formar parte deste novo Salón da Fama están algúns dos pais da Internet como Paul Baran, Vint Cerf, Steve Crocker, Leonard Kleinrock ou Jon Postel; grandes innovadores como Tim Berners-Lee (inventor da World Wide Web), Linus Torvalds (creador do sistema operativo Linux), Philip Zimmermann (creador do sistema de encriptación PGP) ou Mitchell Baker (unha das persoas detrás da Fundación Mozilla); e promotores a grande escala como Al Gore (quen sendo vicepresidente dos EE.UU. contribuÃu ao recoñecemento da Internet como unha autoestrada da información), Brewster Kahle (fundador e director do Internet Archive), Daniel Karrenberg (que contribuÃu na construción do primeiro ISP pan-europeo e co fundou RIPE), Toru Takahashi (peza chave para levar a Rede ao Xapón) ou Tan Tin Wee (fundador do sistema de nomes de dominio de Internet multilingües).