Artigos desta sección
Alcatel-Lucent porá na rúa a 12.500 traballadores, 3.500 máis dos que dixo nun principio
As crises das empresas chegan en ocasións por motivos alleos ó estado do mercado, ou polo menos ese parece ser o caso de Alcatel-Lucent, fabricante de equipos de telecomunicacións que semella estarse afundindo xusto agora nestes tempos en que a telefonía tenos sorbidos os miolos ós consumidores, que non somos persoas en sociedade se non cambiamos de móbil en (...)
Ler máisSantiago acolle o día 15 unha xornada a nivel europeo sobre e-administración para as empresas
A administración electrónica non é aínda unha realidade. Queda moito por facer, e hai un gran descoñecemento sobre o que vai significar para a cidadanía e as empresas o feito de que a súa relación coas institucións públicas pase do presencial ó virtual, ou sobre como influirá na vida das comunidades que haxa gobernantes que se poñen a disposición dos cidadáns na (...)
Ler máisO estado de Nova York vai prohibir cruzar rúas co iPod aceso
O senador do estado de Nova York, Carl Krueger, anunciou a prohibición do uso de todo tipo de dispositivos móbiles tales como teléfonos, iPods, Blckberrys ou video consolas á hora de cruzar as rúas da cidade a partires do vindeiro mércores. A medida chega despois de que tres peóns fosen atropelados no distrito de Brooklyn dende setembro por cruzar (...)
Ler máisA web do Observatorio Atrium Linguarum da USC recibe un premio europeo polo seu labor na ensinanza de linguas
O portal web do Observatorio Atrium Linguarum (centro galego de investigación que forma parte do Instituto de Ciencias da Educación da USC) vén de recibir un importante recoñecemento. Estamos a falar do Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e a aprendizaxe das linguas 2006, premio promovido pola Comisión Europea e que até o de agora non (...)
Ler máisPresidencia pon en marcha Galimap, un servizo de mapas en liña con datos locais
Internet semella estar abríndolle portas ó coñecemento da nosa xeografía e, máis polo miúdo, de todo o que nos rodea nas nosas localidades. Se hai unhas semanas falabamos nesta mesma web dun proxecto da Comisión de Toponimia de Galicia para preservar a través das novas tecnoloxías tódolos nosos nomes de lugar, agora é a Consellería de Presidencia quen move ficha, (...)
Ler máisTangas para geeks con mensaxes de erro da Web
Cantas veces ó longo das nosas vidas de internautas chegamos a topármonos de fociños con mensaxes do tipo de “404 not found” ou “403 forbidden”? Mellor non contalas. Pois ben, o primeiro quere dicir que estabamos a procurar algo no lugar incorrecto e o segundo, que o sitio web ó que pretendiamos entrar tiña acceso restrinxido. Un código de estado pouco probable (...)
Ler máisEASYcopy: ferramenta para protexer Mis Documentos
Vivir e traballar en Internet pode resultar tan estresante coma pisar cada semana a superficie dun cuadrilátero de boxeo. Tes que estar sempre disposto a protexer aqueles sitios onde máis pode doer unha boa somanta. Con máis ou menos diferenzas, a información de determinadas empresas, organismos ou institucións é hoxe en día o espazo onde conflúe unha chea de (...)
Ler máisA fenda dixital de África, cada vez máis fonda
Mentres nos países da Unión Europea hai xa preto de 70 millóns de conexións a Internet, en África non chegan ós 3 millóns na actualidade e, aínda que está previsto que as conexións á Rede de alta velocidade (incluíndo liñas ADSL e tecnoloxía sen fíos) cheguen ós 7 millóns en 2011, non abondará para facer desaparecer a preocupante fenda dixital existente no continente (...)
Ler máisSteve Jobs aposta por eliminar a protección anticopia das cancións de iTunes
Se facemos caso de Steve Jobs, conselleiro delegado de Apple, nunha carta publicada na web da multinacional, a música que se merca pola Rede na súa tenda (iTunes) vai ser no futuro un pouco máis compatible e un pouco máis compartible (que non de balde). Referímonos loxicamente á tecnoloxía DRM da dita firma, esa que vai encamiñada a “frear” a piratería dixital (...)
Ler máisIndustria constitúe o Foro da Televisión de Alta Definición (TAVD)
A Televisión da Alta Definición (TAVD) é unha tecnoloxía que, como tódalas que aínda non chegaron ás nosas vidas, xera máis dúbidas ca certezas (nos buscadores apenas hai información en castelán sobre a cuestión, malia ser unha realidade noutros países). Co fin de inclinar no posible a balanza a favor xas certezas, o Ministerio de Industria vén de acoller a creación (...)
Ler máis0 | ... | 40740 | 40750 | 40760 | 40770 | 40780 | 40790 | 40800 | 40810 | 40820 | ... | 41030
