Artigos desta sección
Política Lingüística abre unha web dirixida a facilitarlle o camiño ós internautas que queiran aprender galego
“Quixemos facer unha web accesible, útil e ben desenvolvida”. Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, presentou deste xeito a páxina oficial do dito departamento, nun encontro cos medios de comunicación no Club Internacional de Prensa (Santiago). A páxina, coma calquera web institucional, achega información sobre o traballo do departamento que (...)
Ler máisAbre o prazo para a presentación de material en Curtas na Rede 2007, que chega con obxectivos anovados
O certame Curtas na Rede volve con obxectivos, apoios e financiamento anovados. O Club Internacional de Prensa acolleu este mércores 14 a presentación da convocatoria 2007, que ten aberto xa –oficialmente- o prazo de presentación de curtametraxes (que ficará aberto até o 15 de setembro. Para comezar, cómpre dicir que a razón de ser do concurso segue a ser a (...)
Ler máisVodafone e Microsoft afondan na mensaxería instantánea entre móbiles e PCs
Logo de que en xuño de 2006, Vodafone e Microsoft anunciaran unha alianza estratéxica encamiñada a involucrar os servizos de mensaxería instantánea de ambas compañías, agora veñen de subliñan un compromiso máis fondo de colaboración. O obxectivo: ofrecer servizos de mensaxería instantánea “máis innovadores que aceleren a converxencia dos servizos de (...)
Ler máisO Fondo Nacional Suízo estudará os riscos da telefonía móbil para a saúde humana
É a telefonía móbil prexudicial para a saúde? A industria da telefonía mantense teimuda na súa postura de que non hai probas que vinculen o uso dos móbiles con ningunha enfermidade e deféndense con unllas e dentes dos informes que relacionan as ondas sen fíos con diversos males coma tumores cerebrais ou gliomas. O Fondo Nacional Suízo para a Investigación (...)
Ler máisA Wikipedia, na picota por mor de falta de financiamento
O espíritu que alumeou o xurdimento dun servizo aberto e útil como a Wikipedia (en galego, Galipedia) semella que non chega para manter a chama acesa. A fin de contas, mesmo as vontades máis desinteresadas (como as que fixeron posible a Wikipedia) precisan algo máis que boas intencións para seguir adiante, sobre todo se, como seguramente acontece neste (...)
Ler máisA revista Playboy dixitalizará os seus contidos en DVD
Na procura de redondear os seus ingresos e seguir tendo un posto de privilexio na maquinaria mundial de fantasías lúbricas da poboación masculina, a revista Playboy, esa mestura en papel impreso de autores famosos, estrelas de cine, peixes gordos dos negocios e mulleres espidas (sobre todo isto último) e que ó longo de 50 anos foi vista (que non lida) por (...)
Ler máisYoigo supera os 78.000 aboados no que vai de ano
Yoigo, o cuarto operador de telefonía móbil en España, vén de anunciar que acadou máis de 78.000 altas dende o seu lanzamento a comezos de decembro do pasado ano, superando deste xeito as propias expectativas dos executivos. Segundo afirmou o conselleiro delegado desta compañía acabada de chegar ó mercado da mobilidade, Johan Andsjö, cada día son máis de (...)
Ler máisO PEGSI inclúe 17.5 millóns para afianzar a presenza do galego na Rede
A Xunta vai dedicar máis de 17,5 millóns de euros a afianzar a presenza do galego nun dos ámbitos onde probablemente máis se xogue o seu futuro: na Internet, plataforma onde linguas como o inglés ou o castelán levan anos roubándolle osíxeno a unha manchea de idiomas, mesmo ás lusofonías (se consideramos o galego e o portugués como un “todo”). Con independencia (...)
Ler máisCientíficos desenvolven unha tecnoloxía que le as intencións das persoas antes de que actúen
Nestes tempos en que case ninguén dubida da eficacia e da rigorosidade científica das máquinas da verdade que saen nos programas de lercheo de televisión, o impacto dun desenvolvemento que permite anticipar os movementos dun individuo antes de que actúe, non semella sorprendernos moito. Porén, ó invento que imos comentar non lle falta interese, e case semella (...)
Ler máisAvión e Ribadumia: máis WiFi para o rural galego
Falamos hai uns días das medidas que se están a pór en práctica na Estrada para normalizar o emprego de Internet, pero este concello pontevedrés non foi nin será o único da nosa terra que está a tentar levar as redes da información alí onde xa moitos nin contaban con elas: lonxe das grandes cidades, principalmente. Segundo informou A Voz os días pasados, Avión (...)
Ler máis0 | ... | 40730 | 40740 | 40750 | 40760 | 40770 | 40780 | 40790 | 40800 | 40810 | ... | 41040
