Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Mario Kart supera en vendas a GT5 Prologue no Reino Unido

O pasado venres púxose a venda en España o xogo Mario Kart para Nintendo Wii, polo que aínda non coñecemos a resposta do público ante este novo título, pero todo apunta a que será moi boa en toda Europa se atendemos aos datos de vendas no Reino Unido, onde a semana pasada o novo título de Mario dominou as listaxes de vendas superando a Gran Turismo 5 Prologue, (...)

Ler máis

Soul Eater, o novo xogo de Square Enix en exclusiva para Nintendo Wii

Square Enix, cumprindo co seu obxectivo de reforzar a súa presenza na Nintendo Wii, anunciou Soul Eater: Monotone Princess, un xogo RPG baseado nunha colección de manga que mesmo conta con adaptación televisiva que se estreou a pasada semana no Xapón. O xogo será exclusivo para Wii, e estaría inspirado na serie de Atshushi Okubo na que os Shinigamis deberán (...)

Ler máis

Metal Gear Online estreará versión de proba a vindeira semana

Os afeccionados ao Metal Gear Solid poderán contar cunha versión en liña a partir do vindeiro 12 de xuño, pero os máis impacientes poderán descargar de balde a través da PlayStation Store unha versión de proba do Metal Gear Online dende o 17 de abril e ata o 6 de maio. Esta versión de adianto permitirá percorrer 2 mapas, empregar 4 modalidades de xogo, agrupar (...)

Ler máis

Darksiders: Wrath of War sairá en 2009

Os usuarios de consolas de alta definición que gusten dos xogos de acción ao máis puro estilo de God of War ou Devil May Cry recibirán de moi bo grado o anuncio de Darksiders: Wrath of War, o novo título de THQ que sairá en 2009 para Xbox 360 e PlayStation 3. Polo momento só se puideron ver algunhas imaxes do acabado gráfico do xogo e un teaser para ir (...)

Ler máis

A nova película de Pixar adaptarase a múltiples plataformas de xogo

No verán chegará aos cines a nova película de Pixar, Wall·E, que está protagonizada por un pequeño robot que se encarga de limpar un planeta Terra abandonado polos seus habitantes ata que se atopa coa robot Eva, da que se namora, dando comezo a toda unha aventura que tamén continuará nas consolas de videoxogos, pois están a preparar unha adaptación para Xbox (...)

Ler máis

Rock Band para Xbox 360 chegará a Europa en maio

O 23 de maio chegará ás tendas europeas o agardado xogo Rock Band para Xbox 360, demorándose ata o verán as versións para Nintendo Wii e PlayStation 3; pero non só as demoras na súa chegada están a ser polémicas, senón tamén o seu prezo, que é moi superior ao da versión norteamericana. A edición Rock Band Instrument (con batería, guitarra e micrófono) custará (...)

Ler máis

TrackMania Nations Forever poderase descargar de balde a partir do 16 de abril

A saga de xogos para PC TrackMania, non só está a preparar o seu salto á Nintendo DS, senón que a partir do 16 de abril contará cunha nova entrega descargable de balde a través da Internet, seguindo a estela de TrackMania Nations (que tamén era gratuíto, se instalou 30 millóns de veces e conta cuns 4 millóns de xogadores en liña). TrackMania Nations Forever é (...)

Ler máis

A Nintendo DS terá o seu Gauntlet en xuño

Gauntlet, o xogo arcade de Atari que chegou ao mercado en 1985 e que contou con conversións a case todas as plataformas de xogo dende aquela (dende a NES ata para móbiles) chegará agora á Nintendo DS grazas a Eidos. Esta última adaptación precisa do uso da consola a modo libro (ou sexa, coas dúas pantallas en vertical) e tirará proveito dos modos multixogador (...)

Ler máis

Sam & Max terán novo xogo para PC e Nintendo Wii

Telltale Games anunciou que Sam & Max Season 1 contará con versión para Nintendo Wii en outono, de xeito que achegarán ao can e ao coello detectivescos a novas audiencias e plataformas. Antes da chegada deste título para Wii o poderemos ver na súa versión para PC o vindeiro mes de maio, achegando 6 episodios desta curiosa e divertida saga de (...)

Ler máis

Nokia estrea oficialmente a súa plataforma de xogos para móbiles N-Gage

Nokia finalmente lanzou oficialmente a súa plataforma de xogos N-Gage, que consiste nunha aplicación que se pode instalar nos móbiles da compañía para acceder a xogos de alta calidade que poderían formar unha nova xeración de títulos móbiles. Neste momento a plataforma N-Gage é compatible cos terminais Nokia N81, N82 e N95, e en breve tamén funcionará cos N73, (...)

Ler máis

0 | ... | 6920 | 6930 | 6940 | 6950 | 6960 | 6970 | 6980 | 6990 | 7000 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade