Artigos desta sección
O videoxogo de Bakugan chegará no outono para tódalas plataformas
Logo do grande éxito acadado pola serie de anime xaponesa Bakugan Battle Brawlers (baseada no xogo de cartas estratéxico Bakugan) nas pantallas de todo o mundo, Activision Publishing vén de facerse cos seus dereitos para desenvolver e distribuír videoxogos baseados na mesma, mediante un acordo asinado con Nelvana Entrerprises. O primeiro xogo de Bakugan (...)
Ler máisGod of War III podería saír a finais de 2009 (ou principios de 2010)
O lanzamento de God of War II supuxo a chegada ao seu máximo apoxeo da PlayStation 2, polo que dende que saíu ao mercado a súa consola sucesora, a PS3, se vén falando da chegada de God of War III coma un grande xogo que poida aproveitar finalmente o potencial gráfico da consola de alta definición de Sony, aínda que polo momento só se puideron ver imaxes (...)
Ler máisStreet Fighter IV supera os 2 millóns de copias
Que o Street Fighter IV vaia converterse nun dos xogos máis vendidos do ano non sorprende a ninguén, pero o certo é que dende Capcom poden estar moi satisfeitos co bo resultado comercial deste xogo, que conseguiu superar xa os 2 millóns de copias postas en circulación dende o seu lanzamento, o que case corresponde só a unha fin de semana (agás polo feito de (...)
Ler máisO Metal Gears Solid para iPhone chegará en dúas entregas
Os seguidores das aventuras de Solid Snake xa non quedarán só coa súa última entrega para PlayStation 3, senón que tamén poderán gozar dunha revisión do Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots para o iPhone, que se chamará Metal Gears Solid Touch, e do que xa se poden ver algunhas imaxes e un trailer na súa nova páxina web oficial. O novo xogo distribuirase en (...)
Ler máisAmerican McGee’s Alice terá secuela
Electronic Arts e Spicy Horse anunciaron que chegaron a un acordo para resucitar o videoxogo American McGee’s Alice que lanzara EA en 2000 con grande éxito, e que chegará na súa nova entrega a PC, PlayStation 3 e Xbox 360. American McGee, director creativo de Spicy Horse, asegurou que «este novo proxecto é un soño feito realidade para min e os afeccionados (...)
Ler máisO America´s Army para PC segue a bater récords con máis de 10 millóns de usuarios
O simulador virtual de manobras do Exército dos Estados Unidos, America’’s Army PC., que as forzas armadas empregan para a instrución dos seus soldados leva colleitados cinco records Guinnes e recrutou a preto de dez millóns de “soldados virtuais” dende que saíu dos cuarteis cara o gran (...)
Ler máisWheelman chegará ás tendas a finais de marzo
O polémico xogo que sitúa a un virtual Vin Diesel na cidade de Barcelona para infiltrarse en bandas criminais que darán lugar á súa participación en persecucións e tiroteos, Wheelman, chegará ás tendas españolas no mes de marzo (anunciárase para o día 20, pero posiblemente haxa que agardar ao 27 para velo nas tendas) da man de Atari Ibérica, distribuidora oficial (...)
Ler máisRemata a espera polo Super Street Fighter II Turbo HD Remix para PS3
Tras unha longa espera, este xoves chega á PlayStation Network europea o xogo Super Street Fighter II Turbo HD Remix, que poderase mercar por 14,99 euros e que xa se vendía para Xbox 360 dende o pasado mes de novembro cunha acollida realmente impresionante.
Ler máisNova edición do Libro Guinness dos videoxogos
O ano pasado editouse en España unha versión do Libro Guinness dos Records dedicada en especial ao mundo dos videoxogos, e agora xa está dispoñible no Reino Unido o Guinness World Records 2009 Gamer’s Edition, libro que agardamos que chegue en poucas semanas nunha edición en español e que recolle moitas marcas curiosas dos (...)
Ler máisO persoal de Ensemble Studios intégrase en Robot Entertainment
Halo Wars é o derradeiro xogo dos Ensemble Studios, equipo que crear obras mestras coma Age of Empires, o que resultaba algo sorprendente (¿premiar o éxito co pecho do estudo?) pero agora sabemos que Robot Entertainment vén de anunciar a formación dun novo estudo de desenvolvemento de videoxogos en Plano (Texas, EE.UU.) composto por 45 traballadores de (...)
Ler máis0 | ... | 5750 | 5760 | 5770 | 5780 | 5790 | 5800 | 5810 | 5820 | 5830 | ... | 6640