Artigos desta sección
O novo xogo de Riddick estrea demo
Hoxe estréase no Bazar de Xbox LIVE a demo do xogo The Chronicles of Riddick: Assault of Dark Athena, aínda que só para usuarios Gold, agardándose que nos vindeiros días chegue tamén á PlayStation Network. Este novo xogo permite ao usuario converterse en Riddick, o criminal máis implacable do universo, capturado pola nave mercenaria Dark Athena, da que tenta (...)
Ler máisFíltrase á Rede unha copia de Resident Evil 5 antes do seu lanzamento
O vindeiro día 13 chegará ás tendas de videoxogos europeas o agardado Resident Evil 5, que promete ser, xunto con Street Fighter IV (curiosamente tamén de Capcom), un dos meirandes éxitos de vendas da primeira metade do ano para Xbox 360 e PlayStation 3, pero o arranque deste título podería ser menos forte do agardado porque xa se filtrou á Rede por parte dun (...)
Ler máisO primeiro xogo descargable baseado en Watchmen custará preto de 20 euros
O venres chega aos cines a película Watchmen, baseada nunha serie limitada de comics de Alan Moore e Dave Gibbons, que tamén terán contrapartida no mundo dos videoxogos pero, en vez de chegar coma un produto en caixa, opta por un lanzamento episódico a través dos servizos de descargas das consolas de alta definición e PC, o que en boa medida contribúe a que o (...)
Ler máisO Guitar Hero: Metallica podería funcionar cos micrófonos de Lips
Os responsables de Rock Band 2 anunciaron hai meses que estaban a preparar unha actualización para o seu xogo que permita o uso do micrófono incluído con Lips, e tras este anuncio de Harmonix chegan agora os de Neversoft e sorprenden en Twitter asegurando que o seu futuro Guitar Hero: Metallica funcionará co micrófono de Lips, o que garantiría a (...)
Ler máisPublican un remake do Capitán Sevilla de Dinamic
En 1988 os afortunados que tiñan un Spectrum, un Amstrad CPC ou un MSX podían gozar dun xogo de Dinamic protagonizado por un repartidor de embutidos que ao comer unhas morcillas modificadas organicamente convértese no superheroe Capitán Sevilla, que con moita forza e pouco cerebro deberá loitar contra os seguidores do malvado profesor Torrebruno, que quere (...)
Ler máisStreet Fighter IV podería saír no verán para PC
Christian Svensson, vicepresidente de planificación estratéxica e desenvolvemento de negocio de Capcom, fixo varias declaracións sobre o seu grande éxito Street Fighter IV, confirmando que tralo seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3 o pasado 20 de febreiro, haberá que agardar ao verán para ver unha versión de PC do (...)
Ler máisCooking Mama adáptase ao iPhone e iPod Touch
O simulador de cociña de Taito que tanto éxito tivo na Nintendo DS, Cooking Mama, chegou agora para o iPhone de Apple, permitindo que os usuarios aproveiten a interface do seu terminal para cortar verduras e carne ou remexer os ingredientes tocando a pantalla, amasar carne axitando o dispositivo ou inclinar o mesmo para derreter manteiga e espallala pola (...)
Ler máisA Xbox 360 superou en vendas ao resto de consolas domésticas no Xapón durante a pasada semana
Que os xogos son imprescindibles para a venda de videoconsolas é algo indiscutible, pero o mercado empéñase en demostralo con certa frecuencia, e na última semana no Xapón aconteceu algo realmente abraiante, pois a Xbox 360, consola que tradicionalmente ten mala aceptación no mercado nipón, superou en vendas á Wii e á PlayStation 3 por unha marxe bastante ampla (...)
Ler máisFX Interactive lanza a cuarta edición do xogo de rescate, Emergency
“Cando golpea o desastre, o teu obxectivo é salvar vidas”... con estas duras verbas comeza a promoción do último xogo de FX Interactive, o Emergency 4, o primeiro xogo de estratexia en tempo real que lle permite ao xogador dirixir as forzas de intervención de emerxencia para actuar en situacións de máximo (...)
Ler máisNinja Blade chegará ás tendas o 3 de abril
O xogo Ninja Blade desenvolvido por From Software chegará finalmente ás tendas españolas o 3 de abril, contado tamén cunha versión de demostración descargable a través de Xbox LIVE a partir do 9 de marzo, anunciándose que «ofrecerá unha espectacular primeira ollada ao mundo de Ken Ogawa ao tempo que perfílase como unha oportunidade de coñecer a historia e loitar (...)
Ler máis0 | ... | 5730 | 5740 | 5750 | 5760 | 5770 | 5780 | 5790 | 5800 | 5810 | ... | 6630