Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

A Switch 2 estrea un xogo inspirado en cadeiras de rodas

Chega en exclusiva a Nintendo Switch 2 o xogo Drag x Drive, unha proposta innovadora que introduce un deporte ficticio e trepidante baseado en partidos 3 contra 3, e que ten un prezo de 19,99 euros. Este título combina habilidade, precisión e estratexia nunha cancha onde os xogadores controlan vehículos semellantes a cadeiras de rodas, empregando os mandos (...)

Ler máis

Mortal Kombat 1 e Marvel’s Spider-Man destacan entre os xogos de PS Plus de agosto

Sony anunciou o catálogo de xogos de PlayStation Plus para agosto, que inclúe títulos destacados como Mortal Kombat 1, Marvel’s Spider-Man (na súa versión remasterizada), Sword of the Sea ou Earth Defense Force 6, xunto con outras incorporacións como Unicorn Overlord, Atelier Ryza 3, Indika, Harold Halibut e Coral Island. Todos eles estarán dispoñibles a (...)

Ler máis

O novo xogo do creador de PUBG estrea beta aberta

O creador de PUBG: Battlegrounds, Brendan Playerunknown Greene, presentou en decembro Prologue: Go Wayback, o primeiro título do seu novo estudo independente, Playerunknown Productions. Agora, o xogo dá un paso clave coa estrea da súa primeira beta aberta para PC en Steam e na Epic Games Store, como paso previo ao lanzamento do xogo en acceso anticipado (...)

Ler máis

Senua’s Saga: Hellblade II Enhanced chega a PlayStation 5, Xbox e PC

Ninja Theory anunciou que Senua’s Saga: Hellblade II Enhanced xa está dispoñible en PlayStation 5, Xbox Series X|S, Xbox en PC e Steam, marcando a primeira vez que os usuarios de PlayStation poden vivir o seguinte capítulo da viaxe de Senua.

Ler máis

Fortnite volverá á App Store en Australia

Un xuíz federal australiano declarou que Apple e Google exercen unha posición de dominio anticompetitiva no mercado das aplicacións, nunha resolución que supón unha vitoria parcial para Epic Games, creadora de Fortnite, e que podería derivar nunha das maiores indemnizacións colectivas da historia corporativa de (...)

Ler máis

A Nintendo Switch 2 vén de xira por Galicia

Nintendo traerá este verán a Galicia a súa nova consola coa parada do Nintendo Switch 2 Tour, unha xira que percorre 15 cidades españolas e que permitirá probar de balde algúns dos títulos máis recentes da compañía. A cita será en Sanxenxo, na praza Fonte de Ramos, os días 19, 20 e 21 de agosto, e en Vigo, na praza Porta do Sol, o 23, 24 e 25 de agosto, sempre (...)

Ler máis

EA esfórzase en protexer Battlefield 6 dos trampulleiros

Electronic Arts detectou un problema masivo de trampas nos primeiros días da beta aberta de Battlefield 6, lanzada a pasada fin de semana. A compañía confirmou que o seu sistema anti-trampas Javelin bloqueou 330.000 intentos de empregar software fraudulento ou manipular os controis de seguridade desde o inicio da proba, mentres que os xogadores remitiron (...)

Ler máis

New Line quere levar Space Invaders ao cine

A industria audiovisual non cesa de aproveitar marcas existentes para lanzar novos produtos buscando aproveitar o seu peso para conseguir un mínimo de rendibilidade e reducir riscos, o que ten levado a creacións tan ridículas como un filme baseado no xogo de mesa Hundir la flota, e nesa liña parece que quere ir a produtora New Line, que segundo Deadline (...)

Ler máis

Heretic e Hexen volven nunha reedición mellorada

Heretic + Hexen volve nunha edición definitiva que restaura, mellora e combina estes dous clásicos de fantasía escura en primeira persoa para plataformas actuais. Desenvolvidos orixinalmente por Raven Software e producidos por id Software en 1994 e 1995, Heretic e a súa secuela Hexen marcaron un fito ao mesturar a acción frenética dos shooters con elementos (...)

Ler máis

Civilization III destaca entre os novos xogos incluídos en Prime

Prime Gaming, incluído coa subscrición de Amazon Prime, regresa este mes cunha nova remesa de xogos sen custo adicional para descargar e conservar para sempre, ademais das vantaxes habituais como a subscrición mensual a unha canle de Twitch ou o acceso a títulos na nube a través de Amazon Luna. A oferta de agosto combina clásicos da estratexia, aventuras (...)

Ler máis

0 | ... | 240 | 250 | 260 | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade