Artigos desta sección
A PlayStation Store rebaixa xogos de grande éxito no Xapón
As tendas dixitais de videoxogos sempre comezan o verán con rebaixas, e tras os descontos iniciais teñen que buscar novas desculpas para facer diferentes seleccións de ofertas, e nesta ocasión recuperan a promoción Big In Japan ou de Grandes Éxitos no Xapón, ofrecendo descontos que en moitos casos están en preto do 60% en xogos moi (...)
Ler máisÁbrense as reservas dun libro que repasará visualmente a historia da Neo-Geo
En abril comentamos a grande demanda que tiña o proxecto de micromecenado do británico Sam Dyer para editar un libro no que facía un repaso visual da historia de consola Super Nintendo, que conseguiu 5.102 patrocinadores que achegaron 224.813 libras esterlinas (256.424 euros) cando a súa meta para que o volume vise a luz estaba fixada nas 25.000 libras. En (...)
Ler máisNovo xogo de balde cos superheroes da Marvel
Os afeccionados aos personaxes da Marvel poden gozar en consola do xogo Marvel Heroes Omega, que combina a xogabilidade de xogos de rol de acción e de xogos masivos en liña cun inmenso catálogo de personaxes como Spider-Man, Iron Man, Thor, Hulk, Lobezno ou os integrantes dos Defensores, os X-Men ou os Gardiáns da Galaxia, que poderán progresar durante (...)
Ler máisA triloxía orixinal de Crash Bandicoot chega a PS4
Aínda que a franquía non fose exclusiva de Sony, unha das sagas máis representativas da primeira PlayStation foi a triloxía orixinal de Crash Bandicoot, e para os nostálxicos que queiran recuperala ou para os que nin se quera a coñecesen, chega agora Crash Bandicoot N. Sane Trilogy, unha recompilación dos xogos Crash Bandicoot, Crash Bandicoot 2: Cortex Ataca (...)
Ler máisXbox inicia as súas rebaixas de verán
Cando comeza o verán chegan tamén as rebaixas nas distintas tendas dixitais de videoxogos, e hoxe mesmo é cando Microsoft se lanza de cheo ás promocións co seu Ultimate Game Sale, un período de ofertas que afecta a máis de 350 xogos, hardware e accesorios até o 10 de xullo, co que buscan que os usuarios de Xbox poidan adquirir xogos a un prezo atractivo para (...)
Ler máisOs subscritores de PS Plus recibirán Until Dawn e Game of Thrones en xullo
Tras a agradable sorpresa de incluír Life is Strange entre os xogos de PlayStation Plus do mes de xuño, vese que dende Sony non queren baixar o nivel moi rápido e queren que os seus xogadores gocen no verán dalgún xogo interesante, e así anuncian uns xogos de xullo máis que recomendables, cando menos no caso da (...)
Ler máisDead Island, Resident Evil 6 e Payday 2 incorporaranse a Xbox Game Pass en xullo
O servizo Xbox Game Pass botou a andar oficialmente o pasado día 1 ofrecendo preto dun cento de xogos para Xbox One por unha cota de subscrición de 9,99 euros/mes, coa promesa de que cada mes iríase renovando o catálogo de xogos dispoñibles, e comezan cumprindo moi satisfactoriamente, xa que veñen de anunciar os xogos que incorporarán ao Game Pass o 1 de (...)
Ler máisPublican a listaxe de Xogos con Gold do mes de xullo
Os subscritores de Xbox LIVE Gold recibirán durante o mes de xullo unha interesante selección de xogos para a súa colección, que comezarán por un xogo moi carismático, Grow Up, no que tomaremos o rol de BUD, un robot que ten que percorrer un planeta alieníxena na procura das pezas que permitirán reconstruír a súa nave. Este xogo de Xbox One estará dispoñible a (...)
Ler máisCall of Duty: Modern Warfare Remastered sae á venda por separado
Cando o pasado novembro saíu á venda o xogo Call of Duty: Infinite Warfare, a súa ambientación espacial provocou que fose un rotundo fracaso en vendas que veuse lixeiramente paliado polas súas edicións Legacy e Digital Deluxe, que incluían un xogo adicional, Call of Duty: Modern Warfare Remastered, unha adaptación de Call of Duty 4: Modern Warfare para as (...)
Ler máisCatro mulleres debaterán sobre a industria dos videoxogos no marco da Hobbycon
O encontro de lecer interactivo Hobbycon, que terá lugar en PALEXCO entre os días 13 e 16 de xullo non vai limitarse a actividades lúdicas, senón que tamén vai acoller no seu programa iniciativas como a mesa redonda Women In Games, coa que pretenden facer un chamamento a afeccionados aos videoxogos e a persoas que teñan a intención de entrar a traballar en (...)
Ler máis0 | ... | 2620 | 2630 | 2640 | 2650 | 2660 | 2670 | 2680 | 2690 | 2700 | ... | 7350
