Artigos desta sección
Ve a luz o xogo español Raiders of the Broken Planet
O estudio de videoxogos español MercurySteam, que recentemente estreou o xogo Metroid: Samus Returns, non perde folgos e hoxe mesmo estrea Raiders of the Broken Planet, un shooter en terceira persoa do que xa podemos descargar de balde o seu prólogo para PC, Xbox One e PlayStation 4, para coñecer as súas mecánicas e así decidir se mercar as súas 4 campañas (...)
Ler máisA serie de xogos de Halo para Xbox 360 xa funciona en Xbox One
Os amantes da saga de xogos de Halo que teñen unha Xbox One estarán encantados de saber que esta serie de xogos que chegou ao seu esplendor en Xbox 360 xa pode gozarse completamente grazas á retrocompatibilidade, xa que veñen de incorporar a posibilidade de xogar dende Xbox One ás versións de Xbox 360 de Halo 3, Halo 3 ODST Campaign Ed., Halo 4 e Halo: CE (...)
Ler máisO matamarcianos Super Hydorah sae á venda para Xbox One e PC
Froito da colaboración entre Juan Antonio Becerra Locomalito e Abylight Studios chega por fin un xogo imprescindible para os amantes dos xogos de naves de desprazamento lateral propios dos anos 80, Super Hydorah, que pode mercarse por 11,99 euros para Xbox One e PC (Steam), e sería o máis semellante que podemos atopar na actualidade a clásicos como Gradius, (...)
Ler máisÁbrense as reservas da Xbox One X
A edición limitada coa que botaron a andar as reservas da Xbox One X superou todas as previsións de Microsoft, esgotándose as unidades dispoñibles en poucas horas a nivel mundial, e aínda que a consola non verá a luz até o 7 de novembro os entusiastas que queiran gozar da mesma dende o primeiro día xa poden reservala na tenda en liña de Microsoft ou a través de (...)
Ler máisMarvel vs. Capcom: Infinite chega ás tendas
Un dos xogos de loita máis esperados do ano xa está aquí, Marvel vs. Capcom: Infinite, título que supón a colisión do Universo Marvel co dos personaxes dos videoxogos de Capcom, permitindo así gozar de enfrontamentos imposibles e sumamente espectaculares, nos que os xogadores poderán gozar tanto dun desafiante xogo indivisual como de modos multixogador. Máis de (...)
Ler máisMonster Hunter: World chegará a consolas o 26 de xaneiro
Entre o xoves e o domingo desenvolverase unha nova edición do Tokyo Game Show, feira de videoxogos para a que compañías como Capcom reservan algúns anuncios, como a data de lanzamento de Monster Hunter: World, xogo que finalmente veremos en PlayStation 4 e Xbox One o 26 de xaneiro, cunha versión para PC que chegará máis adiante. Amais, tamén se detalla que, (...)
Ler máisOs xogadores de PS4 e Xbox One de Fortnite compiten en liña accidentalmente
Durante a pasada fin de semana nos foros de Reddit deron conta dalgo que parecía imposible no xogo Fortnite: os xogadores de PlayStation 4 e Xbox One estaban a participar nas mesmas partidas en liña. Microsoft hai tempo que abriu a súa plataforma para permitir o xogo cruzado entre plataformas, pero aínda que os desenvolvedores de videoxogos están encantados (...)
Ler máisNBA 2K18 e NBA Live 18 chegan simultaneamente ás tendas
Esta semana pode considerarse como a do lanzamento dos videoxogos deportivos da tempada, pois saen á venda grandes títulos de hóckey, fútbol e baloncesto, pero mentres o Pro Evolution Soccer 2018 chega ás tendas, o FIFA 18 confórmase con lanzar unha versión de demostración (saíndo á venda nun par de semanas), de aí que o enfrontamento que chama poderosamente a (...)
Ler máisSpin Master chega a PS4 e Xbox One
O xogo de acción con desprazamento lateral co que Data East arrasou en máquinas recreativas en 1993, Spin Master, protagonizado polo aventureiro Johnny e o seu amigo Tom, nunha aventura para rescatar á súa amada e recuperar o mapa do tesouro roubado polo científico tolo Dr. De Playne derrotando a numerosos inimigos cunha grande variedade de armas (comezando (...)
Ler máisO novo Call of Duty poderá mercarse cunha PS4 de camuflaxe
Tras o fracaso do futurista Call of Duty do ano pasado Activision volve á carga retomando as orixes máis clásicas da franquía con Call of Duty: WWII, título ambientado na Segunda Guerra Mundial que sairá á venda o 3 de novembre e, para quen aínda non teña unha consola da actual xeración, buscará ser un grande reclamo para facerse cunha a través dunha serie de (...)
Ler máis0 | ... | 2540 | 2550 | 2560 | 2570 | 2580 | 2590 | 2600 | 2610 | 2620 | ... | 7350
