Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

A Nintendo Switch anticípase á piratería

A Nintendo Switch está a converterse en todo un éxito de vendas, non só de hardware, senón tamén de xogos, como veñen de demostrar no Xapón, onde a consola vendeu xa máis de 11 millóns de xogos en formato físico, o que é un logro máis que notable, xa que no país asiático venderon algo máis de 4 millóns de consolas, de xeito que a relación consola/xogos é moi elevada, (...)

Ler máis

Cangas estrea festa informática no verán: Faneka Gaming

Combinar a afección aos videoxogos coa praia no verán é posible, ou así o ven os organizadores de Faneka Gaming, un novo evento que desenvolverase no pavillón de Rodeira en Cangas do Morrazo entre os días 20 e 22 de xullo e que mesturará eSports, demostracións, obradoiros, cosplay e unha chea de actividades no que pretende ser unha LAN Party cunha identidade (...)

Ler máis

Battlefield V estará ambientado na II Guerra Mundial

Electronic Arts anunciou hoxe que o vindeiro mes de outubro teremos o xogo Battlefield V con versións para PlayStation 4, Xbox One e PC, achegando un retrato da Segunda Guerra Mundial como nunca se viu, e volvendo así ás orixes da franquía, iniciada hai máis dunha década con Battlefield (...)

Ler máis

Dragon Ball Legends estrea versión para Android en Europa

As Bolas Máxicas ten un novo videoxogo móbil, Dragon Ball Legends, que dende esta semana pode descargarse de balde na súa versión para Android, mentres que os usuarios de iOS deberán agardar ao 14 de xuño para chantarlle o dente a tan curioso produto, que vén a ser un xogo de loita de 1 contra 1 en escenarios tridimensionais no que participan numerosos (...)

Ler máis

Os torneos de Fortnite contarán con 100 millóns de dólares en premios

O xogo Fortnite está a converterse no fenómeno da tempada, consolidándose como o título que maior proveito está a tirar do xénero dos battle royale, e dende Epic Games non queren deixar pasar a oportunidade para converter o seu éxito nun axente de peso no mundo dos eSports, polo que anuncian que destinarán 100 millóns de dólares para financiar os premios dos (...)

Ler máis

A PlayStation 4 entrou na fase final do seu ciclo de vida

A finais de ano a PlayStation 4 levará 5 anos entre nós, e aínda que os tempos entre xeracións de consolas parecían alongarse, especialmente grazas ao lanzamento da PlayStation 4 Pro, que renovaría parcialmente a actual xeración sen forzar a un cambio, dende Sony non parecen dispostos a superar a lonxevidade da PlayStation 3 (que estivo no mercado durante 7 (...)

Ler máis

Presentación na Coruña do libro Sobre Mario

O vindeiro día 31 ás 20:00 horas presentarase na libraría Arenas da Coruña o libro Sobre Mario: de fontanero a leyenda 1981-1996 de Adrián Suárez Mouriño e Álex Pareja Loeches, no que exploran e analizan o deseño do xogo que converteu a Mario nun referente. Ao acto acudirán un dos seus autores, o galego Adrián Suárez, a quen acompañará o director da páxina web de (...)

Ler máis

Resident Evil 7 tirará proveito da nube para chegar a Nintendo Switch

O último anuncio de Capcom está a ser unha grande sorpresa, xa que a compañía confirmou que estaba a preparar unha versión do seu grande éxito Resident Evil 7 para Nintendo Switch, que polo momento só está confirmado o seu lanzamento no Xapón dun xeito moi especial, xa que o título non correrá directamente na consola, senón que o xogo funcionará na nube, de xeito (...)

Ler máis

Fortnite chegará a Android no verán

A conversión do xogo Fortnite a dispositivos móbiles está a ser todo un éxito, non só por conseguir replicar a experiencia de xogo de ordenadores persoais e consolas ao non ofrecer unha versión reducida do xogo, senón tamén polo apoio dos xogadores, que están a investir moitos dentro da (...)

Ler máis

Super Hydorah estrea versión para iOS

Os xogos de Juan Antonio Becerra Locomalito continúan a chegar a máis plataformas grazas á colaboración con Abylight, e tras a transformación do matamarcianos Hydorah en Super Hydorah para saltar a ordenadores e consolas, temos agora que o xogo está dispoñible tan para iOS dende esta mesma semana, de xeito que xa poden gozar do mesmo os posuidores dun iPhone (...)

Ler máis

0 | ... | 2280 | 2290 | 2300 | 2310 | 2320 | 2330 | 2340 | 2350 | 2360 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade