Artigos desta sección
Unha PS4 Pro de edición limitada celebrará os 500 millóns de consolas PlayStation
Para celebrar que xa se venderon máis de 500 millóns de consolas PlayStation, dende Sony decidiron sacar unha edición limitada conmemorativa da PlayStation 4 Pro, con só 50.000 unidades para todo o mundo, que en Europa estará dispoñible por 499 euros a partires do 24 de agosto, co que teremos unha PS4 Pro con 2 TB de disco duro cunha carcasa de cor azul (...)
Ler máisNovos detalles sobre o lanzamento de Fortnite para Android
Dende XDA-Developers continúan a botar máis leña ao lume sobre o lanzamento de Fortnite para Android, estrea que vai ser moi polémica, por realizarse fóra da tenda de aplicacións de Google e por contar cunha exclusiva temporal asinada con Samsung que vai dar moito que falar.
Ler máisO Football Manager renova a súa marca este ano
Sports Interactive e SEGA anuncian hoxe que o lanzamento do agardado xogo Football Manager 2019 terá lugar o 2 de novembro, aproveitando esta franquÃa para renovar a súa marca, dicindo adeus ao Manager Man que ocupaba as súas portadas dende o Football Manager 2005, para amosar o campo de fútbol dende o punto de vista dun manager mentres cruza o túnel de (...)
Ler máisWindjammers chegará este ano a Switch
O xogo de recreativa de 1994, Windjammers, volveu á actualidade o pasado verán grazas a que DotEmu relanzouno adaptándoo para PlayStation 4 e PlayStation Vita, e agora anuncian que están a ultimar a súa conversión a Nintendo Switch, de xeito que poderase gozar deste icónico tÃtulo en mobilidade, contando cos seus 6 radicais personaxes con cadansúas habilidades (...)
Ler máisFortnite distribuirase fóra da tenda de aplicacións de Google
O propio director xeral de Epic Games, Tim Sweeney, afirma que Fortnite para Android non estará dispoñible a través da tenda oficial de aplicacións de Google, xa que a compañÃa non quere ter que compartir o 30% dos seus ingresos con tal plataforma. Sweeney asegura que tiveron que acceder a tal comisión no caso de iOS porque non hai outro xeito de distribuÃr (...)
Ler máisDragon Ball FighterZ para Switch celebrará a súa beta aberta dentro dunha semana
Os máis impacientes non terán que esperar até finais de setembro para catar Dragon Ball FighterZ para Nintendo Switch, pois xa está dispoñible para a descarga na Nintendo eShop o seu cliente para acceder á súa beta aberta, que terá lugar entre os dÃas 10 e 12 de agosto, e permitirá probar a 23 dos loitadores base do (...)
Ler máisPUBG MOBILE une forzas co último filme de Misión: Imposible
A febre dos battle royale parece casar ben coas estreas cinematográficas, e ao igual que hai uns meses Fortnite celebrou un evento ligado a Avengers: Infinity War, agora PlayerUnknown’s Battlegrounds Mobile (PUBG MOBILE) vai facer o mesmo con Misión: Imposible - Fallout¸ de xeito que o cento de millóns de xogadores do tÃtulo de Tencent Games poderán gozar de (...)
Ler máisO xogo de realidade virtual Beat Saber chega aos salóns recreativos cun torneo global
Resulta curioso ver como os xogos musicais tipo Guitar Hero ou Rock Band están a ter en Beat Saber o seu sucesor en realidade virtual, converténdose en todo un fenómeno ao convencer ao público coa súa proposta rÃtmica que consiste en cortar bloques en movemento con espadas de luz (ao máis puro estilo de Star Wars) estando a acción sincronizada con música, de (...)
Ler máisHumble Bundle oferta varios xogos deportivos para PC
Durante un par de semanas o proxecto solidario Humble Bundle oferta un lote de xogos deportivos que poderemos desbloquear da nosa colección de Steam, polo que é unha magnÃfica oportunidade para facerse con xogos moi atractivos para gozar no tempo de lecer á vez que se contribúe con algún proxecto solidario como Access Sport, que busca achegar aos mozos (...)
Ler máisElectronic Arts estrea unha tarifa plana de xogos para PC que inclúe novos lanzamentos
A primeiros de 2016 Electronic Arts estreou un servizo de xogos en subscrición chamado Origin Access, que viña ser unha réplica do servizo EA Access exclusivo de Xbox One, ofrecendo aos usuarios de PC a posibilidade de gozar dun catálogo de xogos rotatorio en tarifa plana e a posibilidade de gozar de xeito anticipado dos grandes lanzamentos da compañÃa, e (...)
Ler máis0 | ... | 2200 | 2210 | 2220 | 2230 | 2240 | 2250 | 2260 | 2270 | 2280 | ... | 7350
