Artigos desta sección
Riot Games considerou ofensivo o nome de usuario Corona
Para manter as comunidades de usuarios libres de certos tipos de abusos existen normas sobre os nomes de usuario que poden adoptarse, estando prohibidos certos termos que poden ofender a múltiples colectivos, pero a pandemia provocou unha situación bastante ridícula para un xogador de League of Legends chamado João Corona, que atopou que dende Riot Games (...)
Ler máisJourney e as primeiras entregas de Uncharted serán de balde temporalmente
Para facer máis doado de levar o confinamento dende Sony lanzan a iniciativa Play At Home, que por unha banda contará con fondo de para axudar aos estudios de videoxogos independentes que están a experimentar dificultades financeiras nesta complexa situación, e que no que aos consumidores se refire contará con xogos que poderán adquirirse de balde entre o 16 (...)
Ler máisOrganizan un torneo solidario de FIFA 20 para loitar contra a COVID-19
A vindeira fin de semana celebrarase un torno do xogo FIFA 20 que congregará aos principais equipos de fútbol galego cunha finalidade benéfica. Este Desafío ABANCA desenvolverase os días 17, 18 e 19 entre 19:30 e 20:30 horas, con encontros de 20 minutos de duración, xogando cada equipo un total de 4 partidos nos que participarán artistas galegos e futbolistas (...)
Ler máisGears Tactics pode descargarse anticipadamente
Aínda que a franquía de Gears of War estea intimamente ligada ás consolas Xbox, dende Microsoft cada vez están máis comprometidos cos xogos para PC, e como mostra diso o vindeiro día 28 van lanzar Gears Tactics, un xogo de estratexia rápido e por quendas inspirado na célebre franquía de consolas, no que haberá que controlar a un escuadrón que enfrontarase á (...)
Ler máisFinal Fantasy VII Remake sae á venda para PS4
O pasado venres saíu oficialmente á venda o agardado xogo Final Fantasy VII Remake, que na súa versión dixital para PlayStation 4 puido adquirirse sen incidencias, mentres que na súa versión física atopou problemas en moitos países pois, pese a terse adiantado a súa distribución, os establecementos físicos nos que se vende permanecen pechados, de xeito que só (...)
Ler máisGoogle permite probar Stadia de balde durante 2 meses
Ante a situación de confinamento no fogar por mor da pandemia, dende Google quixeron abrir a moitos unha nova porta de lecer electrónico, xa que o seu servizo en probas de xogo na nube, Stadia, ábrese finalmente a todo o público de 14 países diferentes grazas a unha promoción a través da que permiten gozar de balde durante 2 meses de Stadia Pro, no que semella (...)
Ler máisDesvelan como será o mando da PlayStation 5
Aínda que a aparencia externa da PlayStation 5 continúa a ser todo un misterio, dende Sony dan pistas de liña estética que podería seguir, xa que veñen de presentar o que será o seu novo mando sen fíos, que despréndese da marca DualShock e pasará a coñecerse como DualSense, nome que pretende pór o acento na tecnoloxía háptica integrada como evolución da vibración (...)
Ler máisProject xCloud abre en España o rexistro para a súa versión preliminar
Microsoft anunciou que o Project xCloud, iniciativa que permitirá gozar de xogos de Xbox en dispositivos móbiles e que está a espallar xeograficamente a súa versión preliminar, vén de abrir o seu rexistro en once países de Europa occidental entre os que figura España, de xeito que en breve algúns afortunados inscritos poderán probar esta tecnoloxía que permite (...)
Ler máisO E3 2021 xa ten data
A pandemia levou á cancelación de feiras de videoxogos como o E3 de Los Ángeles, e aínda que algúns eventos busquen a súa reprogramación para a segunda metade do ano, dende a Entertainment Software Association (ESA) quixeron ser máis prudentes e directamente optan por fixar o foco no ano que vén anunciando que o vindeiro E3 celebrarase entre os días 15 e 17 de (...)
Ler máisResident Evil 3 sae á venda para PS4, Xbox One e PC
Capcom lanzou mundialmente hoxe o remake do clásico survival horror Resident Evil 3, título que podemos descargar para Xbox One, PlayStation 4 e PC (mentres que a distribución de copias físicas limitaríase a tendas en liña, xa que os establecementos comerciais tradicionais están pechados ao público), e que trasládanos á conclusión da saga ambientada en Raccoon (...)
Ler máis0 | ... | 1640 | 1650 | 1660 | 1670 | 1680 | 1690 | 1700 | 1710 | 1720 | ... | 7350
