Unha aplicación móbil para Chromecast facilita converter o televisor nun mural fotográfico

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Agora que o Chromecast goza dunha boa distribución internacional e dun SDK dende Google queren destacar as súas moitas posibilidades, e como exemplo estrean unha aplicación para levar collages fotográficos ao televisor, Photowall, polo momento dispoñible vía web, para iOS e para Android, que permite a varios usuarios engadir imaxes a un Photowall para velas en pantalla grande.
Esta curiosa solución de Chrome Experiment o que fai é xerar un vídeo de YouTube coas imaxes remitidas dende distintos dispositivos, para que poidan compartilas todos os que participan na experiencia dun xeito orixinal que permite así facerse unha idea do que pode dar de si un dispositivo conectado como o Chromecast.
Para facernos unha boa idea do que permite Photowall podemos ver o seu vídeo de presentación:

PUBLICIDADE