A aplicación móbil XuntaEu incorpora o tÃtulo de familia numerosa
mércores, 14 de febreiro do 2024
Máis de 6.000 galegos e galegas acceden xa aos principais servizos da Xunta a través da aplicación XuntaEu, ferramenta dispoñible dende hai un mes para iPhone e para Android, que concentra o acceso á información e servizos dixitais que xa estaban dispoñibles en diferentes canles na Internet.
A Xunta acaba de publicar unha nova versión da aplicación, un proceso de mellora continua que dá resposta, tamén, a suxestións de usuarios. Os cambios están dirixidos a incrementar o seu uso e accesibilidade. Con este obxectivo reorganizáronse os servizos en torno á Carpeta Cidadá, na que se inclúe toda a información personalizada do usuario, e baixo o epÃgrafe Utilidades, desde onde se pode acceder aos avisos xerais dos diferentes servizos e á verificación de documentos.
Ademais, xa se pode acceder desde XuntaEu ao Titulo de familia numerosa. É a última incorporación á aplicación, que ten dispoñibles 10 tarxetas, carnés ou certificados emitidos pola Xunta de Galicia, que poden ser validados por terceiros directamente dende o dispositivo a través dun código QR.
Neste momento XuntaEu permite o acceso ao Carrné Xove, ao Carné profesional en instalacións térmicas de edificios, o Carné profesional de operador de guindastre torre, ao Carné de operador de guindastre móbil autopropulsado CategorÃa A e ao Carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado CategorÃa B.
Ademais, a aplicación tamén permite acceder ao certificados de grao de discapacidade e ás licenzas de pesca marÃtima de recreo en superficie, de pesca marÃtima de recreo submarina, e de pesca marÃtima de recreo en embarcacións.
O obxectivo desta aplicación é o de simplificar a relación dos cidadáns coa Administración e facilitar a accesibilidade aos servizos públicos, aproveitando o uso, practicamente universal, dos dispositivos móbiles.