O navegador web Arc estrea versión para Windows
martes, 30 de abril do 2024
A primeiros de ano The Browser Company comezou a ofrecer o navegador web Arc Search para o iPhone, utilizando a IA como principal reclamo, revolucionando o xeito de relacionarse coa web, o que agora ábrese a moitos máis usuarios xa que por fin é oficial o navegador web Arc para Windows.
Deste xeito podemos descargar o novo navegador web, par logo poder importar detalles do novo navegador web actual, para así poder probar as funcionalidades desta nova aplicación que principalmente destaca por permitir unha achega lixeiramente distinta á navegación por páxinas web empregando funcións como pestanas fixadas, espazos nos que repartir os elementos que temos no navegador (por exemplo, para separar a navegación persoal da profesional, ou para ter un espazo destinado a un proxecto determinado) e incluso a navegación a pantalla partida (podendo dividir a pantalla en dúas partes, conseguindo así unha maior produtividade).
Aínda que en navegadores como Chrome estamos afeitos a empregar Google como buscador predeterminado, Arc permite outras opcións, destacando Perplexity, servizo web que, en vez de remitir ao usuario a páxinas web que logo hai que explorar, en moitas ocasións tirará proveito da IA para achegar directamente a información que buscamos.
Resulta refrescante ver como Arc está conseguindo ilusionar a usuarios ao ofrecer un xeito lixeiramente diferente de moverse pola web, demostrando que pode facerse fronte ao dominio de Google Chrome e Microsoft Edge, e dando a entender que o Mozilla Firefox está a quedar nunha posición moi feble, e precisa grandes melloras se quere recuperar a posición que tiña anos atrás.
Vídeo promocional da versión para Windows de Arc