Crunchyroll chega aos televisores de Samsung

martes, 5 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Os seareiros da animación xaponesa poden celebrar que a principal plataforma do xénero, Crunchyroll, estrea versión para Smart TV e monitores conectados de Samsung, facilitando así o acceso a un catálogo de máis de 46 mil episodios e películas de anime, con opcións de subtitulado e dobraxe en máis de 12 idiomas.
Dentro de Crunchyroll podemos atopar series como One Piece, Naruto: Shipupuden, Chainsaw Man, My Hero Academia ou Ataque a los titanes, consolidando o meirande catálogo de anime a nivel mundial, e unha das poucas plataformas nas que están dispoñibles os grandes éxitos da animación no Xapón, que en moitos casos non chegan a estar presentes en plataformas de streaming máis xenéricas nin en canles de televisión tradicionais.
Para poder gozar de Crunchyroll nun televisión de Samsung chegará con instalar a súa correspondente aplicación, compatible cos televisores lanzados ao mercado dende 2017 e con algún monitor que tamén conta con funcións de Smart TV.

PUBLICIDADE