Ponteareas migra a software libre os equipos informáticos de todas as instalacións municipais
venres, 30 de xuño do 2017

- O concelleiro de Ponteareas, Benito Márquez
O
Concello de Ponteareas vén de ampliar a súa firme estratexia TIC
(marcada
este ano pola posta en marcha integral da plataforma de
Administración Electrónica) cunha aposta decidida pola
tecnoloxía sen cancelas (tecnoloxía con licenzas libres para
ampliar marxe de manobra e garantir meirande liberdade e menores
custes para as arcas locais a medio e longo prazo). Así
nolo deu a coñecer hoxe o Concellería de Novas Tecnoloxías que
dirixe Benito Márquez, quen tomou a decisión de implantar software
libre nos equipos informáticos de todas as instalacións municipais.
Segundo apuntou Márquez, os programas a integrar son ceibes e de
balde, “a diferenza do software privativo de Microsoft, cuxos
prezos, dependendo das versións, oscilan entre os 200 e os 400
euros”.
Tamén
fixo saber que o
proceso atinxiu
xa
a máis do 85 % do parque de computadores
da Administración
local. Ademais,
nas vindeiras
semanas levarase a cabo o cambio de software no Centro de
Desenvolvemento Local, na Biblioteca Municipal e na Escola Infantil.
Benito
Márquez sinalou
que
“con esta decisión estase a
ofrecer
o mesmo servizo
ca
antes pero sen ter que pagar a Microsoft polas licencias, supondo un
aforro considerable
ao ano para o Concello”.
De
feito, o Concello empregaba ata o de agora programas da
dita multinacional
polos que era preciso
o desembolso, para o pago de licenzas, de arredor de 36.000 euros nun
período de 3 a 4 anos. Segundo apuntou o concelleiro, os cartos
aforrados adicaranse agora á mellora dos equipos informáticos, “que
están bastante obsoletos”.
O
Concello de Ponteareas utilizaba na actualidade software
de Microsoft polo que había que pagar pola súa utilización, un
gasto que rondaba os 36000 euros en 3-4 anos.
Este proceso de migración foi levado a cabo polo Departamento de
Informática, individualmente en cada computador.
Benito
Márquez agradeceu a tódolos traballadores a “súa boa disposición
ao novo software”, salientando
“que a maioría foi
quen de
adaptarse
bastante
ben ao cambio”. Sinalou
tamén que,
de ser preciso,
faranse cursos formativos sobre o uso deste novo software para
aqueles traballadores que o
necesiten
e así o soliciten.
