Pocoyó diralle ola á Nintendo DS

xoves, 11 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A popular serie de animación de Zinkia, Pocoyó, transcenderá as pantallas televisivas e meterase dentro das pantallas da Nintendo DS durante a primeira metade de 2008 grazas a un acordo entre a súa produtora e Virgin PLAY, que se encargará da distribución mundial do videoxogo Hello Pocoyo!.
Actualmente Pocoyó é unha serie en emisión en 100 países, que tamén se pode ver no móbil e na web, polo que o salto ós videoxogos parecía algo evidente. O propio conselleiro delegado de Zinkia asegurou que para a marca Pocoyó «os videoxogos son un contido imprescindible».

PUBLICIDADE