Os Transformers estrearán xogo en liña en 2011
mércores, 4 de agosto do 2010
- Optimus Prime no xogo Transformers: War for Cybertron
Os Transformers,
personaxes icónicos dos anos 80 nos que gozaran de varias series de televisión,
serie de comics e unha impresionante liña de xoguetes, están a vivir un
rexurdir nos últimos anos con pelÃculas e moitos outros produtos asociados
entre os que hai videoxogos dun nivel de calidade lamentable coa excepción da
última entrega, Transformers: War for
Cybertron, que conseguiu satisfacer a moitos seareiros de Optimus Prime e
os seus amigos, o que entendemos que puido servir para levar a NetDragon
Websoft a anunciar que chegou a un acordo con Hasbro para poder desenvolver un
xogo en liña para PC que estarÃa ambientado no universo destes carismáticos
robots antropomórficos.
Transformers Online chegarÃa a China
e a outros paÃses seleccionados en 2011, non esperándose un lanzamento europeo
nin norteamericano, probablemente polo reducido éxito que están a ter en
occidente os xogos en liña para ordenador (coa excepción de World of Warcraft).