O multi-xogador de Gears of War 4 terá unha beta en abril

martes, 15 de marzo do 2016 Marcus Fernández

O que posiblemente é o xogo máis esperado do ano para Xbox One, Gears of War 4, non chegará até o outono, pero tal espera poderá suavizarse, grazas a que Microsoft anunciou hoxe que a nova entrega da saga Gears contará cunha beta do seu modo multi-xogador, comezando cunha fase de acceso temperán entre os días 18 e 24 de abril, que estará aberta para os que xogaran a Gears of War: Ultimate Edition para Xbox One ou Windows 10 (chegará con que se conecten co xogo entre o 1 de marzo e o 11 de abril), mentres que o resto de usuarios Gold de Xbox LIVE terán que agardar á beta aberta que desenvolverase entre os días 25 de abril e 1 de maio. Deste xeito haberá bastantes xogadores que poderán gozar dun adianto do multi-xogador de Gears of War 4 durante dúas semanas enteiras, o que suporá toda unha proba para os servidores do xogo e resultará de grande utilidade para optimizar o xogo antes do seu lanzamento.
Durante a beta global do multi-xogador de Gears of War 4 o modo que poderá xogarse será o Versus, deixando claro dende Microsoft de que, aínda que sexa posible optar á primeira fase da beta se xogamos a Gears of War: Ultimate Edition para Windows 10, a fase de probas será exclusiva de Xbox One.

A beta do multi-xogador de Gears of War 4 dividirase en dúas semanas das que só poderán gozar do xogo durante todo o tempo os que gozaran de Gears of War: Ultimate Edition

PUBLICIDADE