O LG Optimus G Pro estréase no Xapón cunha pantalla de 5 polgadas

venres, 5 de abril do 2013 Marcus Fernández

Tras verse no Mobile World Congress de Barcelona, o novo LG Optimus G Pro continúan a súa expansión internacional, estreándose esta semana no mercado xaponés da man de NTT DoCoMo nunha variante curiosa, pois en vez de optar pola pantalla Full HD de 5,5 polgadas do modelo surcoreano (que conseguiu vender 500.000 unidades), preséntase cunha pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, de xeito que ten unha densidade de píxeles maior (440 puntos por polgada) nun formato máis compacto.
Esta revisión do Optimus G Pro funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 2,1 Mpíxeles, unha impresionante batería de 3.000 mAh, sistema operativo Android 4.1 e un grosor de só 9,9 milímetros.
Polo momento descoñecemos en cal dos tamaños de pantalla chegar o Optimus G Pro a España.

PUBLICIDADE