O LG Optimus G Pro medra ata as 5,5 polgadas
mércores, 13 de febreiro do 2013
LG
lanzará en Corea do Sur a finais de mes unha nova versión do LG Optimus G Pro
que en vez de chegar cunha pantalla de 5 polgadas, opta por un tamaño de
5,5 polgadas, o que permitirÃalle competir no segmento do tabletófonos dun xeito máis agresivo,
conservando unha resolución de pantalla Full HD, os seus xenerosos 2 Gb de RAM
e un potente procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,7 GHz, polo que serÃa un
auténtico terminal tope de gama do que é de agardar unha comercialización
internacional máis adiante.
O novo smarphone de grandes dimensións venderase en branco e negro (cunha
textura na súa parte traseira que lembra ao Nexus 4) e do que é de agardar que
saibamos máis nos vindeiros dÃas co gallo do Mobile World Congress de
Barcelona.