Iberbanda mellora o seu servizo de atención ao cliente na nosa terra
martes, 25 de xaneiro do 2011
Iberbanda, empresa
na que recaeu unha parte dos dos traballos de achegamento de rede a aquelas zonas da nosa xeografÃa que aÃnda
non tiñan unha oferta de calidade, vén de pór en marcha unha serie de melloras
no seu servizo de atención ao cliente cara á cidadanÃa galega. Este servizo,
que se une á ferramenta
habilitada para consultar a cobertura desta infraestrutura (WiMAX de banda
larga), constitúe unha integración nunha única achega (o número de balde 1630)
dos números previos de atención ao cliente para contratación e para incidencias
na nosa terra. O departamento, que atende en galego ou en castelán, segundo se
requira, ten agora horario ata as 12 da noite, de luns a domingo.
A través del pódese contratar a dita conexión
WiMAX ou solucionar calquera dúbida que xurda sobre esta tecnoloxÃa. A empresa ten arestora unha cobertura que abrangue 7.771 núcleos do
rural, chegándose a un total de 432.696 habitantes. Respecto ao desenvolvemento
dos traballos, dicir que a dÃa de hoxe remataron as infraestruturas do sur de
Lugo, onde a empresa xa ten 1.000 clientes e agarda ter moitos máis en breve.
