Garmin Voice Studio permite personalizar a voz dos navegadores GPS

luns, 25 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os navegadores GPS para o automóbil habitualmente inclúen un par de voces predefinidas que serven para guiar ao condutor durante as súas viaxes, e incluso algunha compañía vende paquetes con distintas voces, de aí que resulte un tanto sorprendente que Garmin permita a descarga de balde da súa aplicación Voice Studio, que permite que calquera usuario poida personalizar as voces do seu navegador mediante unha ferramenta de edición de son na que rexistrar as nosas locucións, para transferilas posteriormente por USB ao navegador GPS de Garmin (compatible con todas as gamas no mercado agás as 300 e 600).
O proceso de personalización das voces dun GPS pode levar unha media hora, pois precisa da dicción dunhas 65 palabras que debemos rexistrar do xeito máis natural posible, aínda que a demanda deste tipo de funcionalidade poida ser moi discutible, posto que poucos usuarios quererán que o GPS fale coa súa voz ou coa dalgún coñecido, mentres que os paquetes de voces (como a do Coche Fantástico) parecen máis atractivos.

PUBLICIDADE